O voceiro do PP na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, José María Beneyto, afirmou que unha intervención de España por parte das autoridades económicas de Bruxelas é un escenario que "non hai que excluír" e que "non sería a "apocalipse".
Fálase
Finalmente o Lugo gañou 3-1 ao At. Balears. Un gol de Dani no minuto 87 para os visitantes acurtou a diferenza, ampla en todo caso, que deixa o equipo galego un chanzo máis preto da Segunda División
A manifestación de SOS Sanidade Pública xa está na Praza da Quintana. Suso de Toro di que "quen hoxe goberna na sanidade pública non cre nela"
Belforti (57') marca o terceiro para o Lugo. Lugo 3- Atlétic Balears 0
Vigo pode vivir hoxe o ascenso do Celta. A cidade prepárase para a celebración e o Faro de Vigo retrata a políticos, empresarios, xornalistas e outros persoeiros na súa fe celeste
O Lugo dispárase cara á Segunda División. No minuto 20 de partido xa lle gaña 2-0 ao At. Balears, con goles de Quero (16') e Belencoso (20')
Comezan a chegar á Alameda de Compostela os participantes na manifestación de SOS Sanidade Pública (imaxe via @saletaGZ)
Presentan a nova web dos Premios da Crítica, con imaxes da cerimonia de entrega do pasado ano e información sobre todas as edicións celebradas dende 1978
El Blog Salmón analiza a evolución da saída de capitais de España, cen mil millóns de euros no primeiro trimestre do ano
Joan Josep Nuet substitúe Jordi Miralles como coordinador de EUiA, nunha asemblea na que se realiza un chamamento á unidade das esquerdas catalás, como xa fixeran hai uns meses, tomando como referencias a Syriza ou o Front de Gauche