A empresa do presidente da patronal galega, Construcciones Fontenla, suspende pagos cunha débeda de 40 millóns de euros e atribúeo á falta de crédito.
Fálase
Baloncesto. O Estudiantes de Lugo fai historia e xoga hoxe ante o Barcelona as semifinais do campionato de España júnior. No outro encontro enfrontaranse o Real Madrid e o Joventut.
The Wall Street Journal advirte da "fraxilidade" de España ante a grave crise financeira e o rescate do Estado a Bankia.
O Ibex remonta e desafía a Moody's, despois de que a axencia anunciase a rebaixa do rating a 16 bancos españoles. A prima de risco sitúase nos 488 puntos básicos.
Hoxe sae a bolsa Facebook. The New York Times presenta unha completa infografía interactiva que compara os volumes de operacións semellantes doutras empresas tecnolóxicas nos últimos anos, así coma o seu comportamento no seu primeiro día nos mercados e en períodos máis longos.
Fitch rebaixa dous chanzos a nota de Grecia e sitúaa moi preto da insolvencia. O risco de que o país heleno saia do euro é cada vez máis alto.
A deputada autonómica Mireia Mollà afirma en Vilaweb que "O éxito de Compromís esté na cesión de soberanía das forzas que a conforman"
Un artigo do Financial Times suxire que estender o modelo do concerto económico vasco a todas as comunidades autónomas podería ser unha solución aos problemas de déficit das autonomías.
Un 40% dos países membros da ONU un total de 78, criminalizan dalgún xeito a homosexualidade, segundo un Informe da Associación Internacional Lésbica, Gay, Bisexual, Trans e Intersexual
Vicenç Navarro escribe en Público O que no se di sobre por que Merkel continúa aferrada ás políticas de austeridade. Navarro sostén que "as políticas de austeridade contribúen ao enorme dominio do capital financeiro e industrial alemán"