Irlanda despenaliza o aborto tras un referendum cunha participación superior ao 64% no que máis do 66% votou a favor.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5b099a830af55-graf.jpg)
Irlanda despenaliza o aborto tras un referendum cunha participación superior ao 64% no que máis do 66% votou a favor.
O PSOE acepta convocar eleccións “nuns meses” unha vez que Ciudadanos apoie a moción de censura pero os de Rivera piden que a retiren para facer unha conxunta que convoque comicios inmediatos.
Alternativas na Xustiza-CUT denuncia o “abuso de autoridade” dun acompañante de Feijóo que derrubou este venres a unha delegada sindical na Coruña que protestaba no marco da folga do persoal de Xustiza.
A A-8 volve pechar por néboa en Mondoñedo nunha xornada na que Ana Pastor, que a abriu hai catro anos como ministra de Fomento, inaugurou unha rúa na vila como presidenta do Congreso
A xuíza deixa en liberdade, con cargos por homicidio imprudente, o propietario da pirotecnia detido pola explosión de Tui que causou dúas mortes e unha trintena de feridos.
A batalla descoñecida, de Paula Cons, estréase este venres na sala Numax, en Santiago. Hai uns meses falamos coa directora: “Para a poboación en xeral, a venda de volframio aos nazis na posguerra só valeu para prolongar a fame”.
O PSOE rexistra no Congreso a moción de censura contra Rajoy como resposta ás condenas polo caso Gürtel. Consulta aquí toda a información
Un xulgado suspende a consulta veciñal do Concello de Cangas sobre os festivos locais a petición do Goberno de España. Recólleo Faro de Vigo
O PSOE estuda unha moción de censura contra Rajoy como resposta pola sentenza do caso Gürtel. Informan Gonzalo Cortizo e Marta Barandela para eldiario.es
A xuíza envía á cadea sen fianza a Eduardo Zaplana. O ex-ministro de Aznar e ex-presidente valenciano pasou hoxe a disposición xudicial tras ser detido o martes investigado por branqueo de capitais.