O Dépor empata en Riazor ante o Getafe (1-1). Riki adiantou os branquiazuis no minuto 6 e Barrada empatou no 26. Os coruñeses teñen 5 puntos despois de tres xornadas.
Fálase
Dous mozos ourensáns tentan levar tres carros cheos de alimentos dun supermercado de Ourense. Á saída do establecemento lanzaron uns pasquíns nos que se podía ler Non temos medo, temos fame
Un gol do Córdoba no minuto 88 evitou unha nova vitoria do Lugo no Anxo Carro. O resultado final: Lugo 1 (Mauro Quiroga, 16') - Córdoba 1 (Patiño, 88') permítelle ao equipo seguir nos postos altos da clasificación.
Pachi Vázquez critica que Rajoy viñese a Galicia para facer "un anuncio electoralista" e afirma que o AVE "se paralizará" despois da campaña. Este sábado o presidente do Goberno prometeu en Ribadumia que a conexión de alta velocidade coa meseta estaría rematada en 2018.
Centos de persoas manifestáronse este sábado en Madrid fronte ao Hospital Greogorio Marañon para reclamar "sanidade para todos"
O Celta derrota o Osasuna en Balaídos (2-0) con goles de Iago Aspas e Mario Bermejo no segundo tempo. Suma así os seus tres primeiros puntos na Liga.
Joaquim Rodríguez gaña en Ancares, por diante de Alberto Contador, Alejandro Valverde, Dani Moreno e Chris Froome, aos que distancia un pouco máis na clasificación xeral. Mañá e pasado a Vuelta vivirá dúas etapas máis de montaña coas chegadas aos Lagos de Covadonga e Cuitunigru.
O Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), do presidente José Eduardo Dos Santos, gañou as eleccións xerais celebradas o venres no país, cun 74,46% dos votos, cun leve descenso con respecto aos comicios de 2008. A oposición, liderada pola UNITA, denunciou irregularidades nas eleccións e na campaña.
Rajoy promete que o AVE chegará a Galicia en 2018, no discurso que protagonizou o acto de inicio do curso político, que o PP celebrou esta mañá en Soutomaior
Esta mañá estase celebrando na Coruña o acto de homenaxe da AELG e o colectivo Arteu a Bernardino Graña, no que participaron medio cento de poetas é músicos e que contou coa colaboración da UDC e a RAG. Pola tarde haberá un percorrido en barco pola costa coruñesa e a seguir, os asistentes desprazaranse a pé dende a dársena até o reitorado da Universidade, que acollerá no seu paraninfo a segunda parte dos actos.