O Celta derrota o Osasuna en Balaídos (2-0) con goles de Iago Aspas e Mario Bermejo no segundo tempo. Suma así os seus tres primeiros puntos na Liga.

O Celta derrota o Osasuna en Balaídos (2-0) con goles de Iago Aspas e Mario Bermejo no segundo tempo. Suma así os seus tres primeiros puntos na Liga.
Joaquim Rodríguez gaña en Ancares, por diante de Alberto Contador, Alejandro Valverde, Dani Moreno e Chris Froome, aos que distancia un pouco máis na clasificación xeral. Mañá e pasado a Vuelta vivirá dúas etapas máis de montaña coas chegadas aos Lagos de Covadonga e Cuitunigru.
O Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), do presidente José Eduardo Dos Santos, gañou as eleccións xerais celebradas o venres no país, cun 74,46% dos votos, cun leve descenso con respecto aos comicios de 2008. A oposición, liderada pola UNITA, denunciou irregularidades nas eleccións e na campaña.
Rajoy promete que o AVE chegará a Galicia en 2018, no discurso que protagonizou o acto de inicio do curso político, que o PP celebrou esta mañá en Soutomaior
Esta mañá estase celebrando na Coruña o acto de homenaxe da AELG e o colectivo Arteu a Bernardino Graña, no que participaron medio cento de poetas é músicos e que contou coa colaboración da UDC e a RAG. Pola tarde haberá un percorrido en barco pola costa coruñesa e a seguir, os asistentes desprazaranse a pé dende a dársena até o reitorado da Universidade, que acollerá no seu paraninfo a segunda parte dos actos.
Os antidisturbios cargan contra un grupo de afectados polas preferentes que protestaban na entrada a un acto do PP en Soutomaior (imaxe via @alikense)
A candidatura de Pachi Vázquez á Presidencia da Xunta é aprobada por aclamación, con apenas un voto en contra dun dos militantes presentes no Comité Nacional do PSdeG-PSOE.
Vázquez acusa a Feijoo de ter pasado "tres anos e medio pensando en si mesmo", "paseando" e "escaqueándose" dos problemas. Esíxelle a celebración de debates electorais "a dous, a tres ou a vintecatro, pero que haxa debates".
Finalmente, o líder do PSdeG-PSOE promete que se é presidente anulará o decreto sobre a lingua galega aprobado en solitario polo Partido Popular. Defende que "o galego nunca provocou ningún problema até que Feijoo chegou ao poder". Tamén reivindica que "Galicia é unha nacionalidade histórica" e que "non dará un paso atrás" nos dereitos conquistados.
Vázquez tamén se compromete nos 100 primeiros días de Goberno a anular os concertos cos centros educativos que segreguen por sexo. Tamén se compromete a aumentar o investimento en investigación.