#debate2013 Feijóo reclámalle ao BNG que "respecte a Castelao", que "non era soberanista"
Fálase
#debate2013 Conclúen as intervencións dos voceiros da oposición. Nuns minutos, a información en Praza.
#debate2013 Méndez Romeu ofrécelle a Feijóo "chegar a acordos" baixo dúas condicións: "un plan de emprego neto e manter Novagalicia Banco como entidade financeira galega".
#debate2013 Méndez Romeu acusa a Feijóo de converter a TVG "nun altofalante do Goberno" e acúsao dun "ataque totalmente ideolóxico aos servizos públicos".
#debate2013 Méndez Romeu: "Señor Feijóo, o seu discurso só provoca desinterese ou desprezo entre os mozos".
#debate2013 Méndez Romeu advirte que a rebaixa fiscal anunciada por Feijóo "será dun máximo de 84 euros" e que "a maioría dos beneficiarios non están obrigados a facer a declaración".
#debate2013 Méndez Romeu di que "non é aceptable" que "todos os sectores de Galicia estean peor" despois de cinco anos de goberno de Núñez Feijóo.
#debate2013 Pilar Rojo reprende a Beiras por cualificar de "comando de exterminio" ao Goberno e pídelle que o retire. "Non é ningún comando de nada", di.
#debate2013 Beiras reta o PP a convocar eleccións "se están tan seguros" de que manterían a maioría absoluta
#debate2013 Beiras reprocha o "franquismo sen Franco" que, di, supón a reforma local e o poder para as deputacións.