Unha nova manifestación de afectados polas preferentes percorre a estas horas Santiago. As plataformas rexeitan a vía da arbitraxe que ofrecen Novagalicia e a Xunta. Imaxe de @haykedecirlo
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/500a7419c8d8a-preferntes.jpg)
Unha nova manifestación de afectados polas preferentes percorre a estas horas Santiago. As plataformas rexeitan a vía da arbitraxe que ofrecen Novagalicia e a Xunta. Imaxe de @haykedecirlo
Feijóo cancela unha convención do PP para non coincidir con Montoro. Cóntao El País.
Un incendio, aínda activo en Oímbra, queimou xa 200 hectáreas.
Un economista do FMI dimite "avergonzado" polo "fracaso" na xestión da crise. O veterano Peter Doyle lamenta a "incompetencia" do organismo.
As portadas da prensa española dan conta da gravidade da situación económica do Estado. El País fala de "situación límite", El Mundo insinúa o "rescate total" e La Razón e ABC apelan ao BCE. El Periódico é claro: "Valencia cae, España treme".
O PSdeG abre formalmente este sábado o proceso de primarias para elixir candidato á Xunta. O proceso durará entre 22 e 45 días dependendo se se presenta ou non unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez.
O Foro da Mocidade Galega reúnese este sábado en Compostela co obxectivo "de tecer pontes entre as diferentes sensibilidades da esquerda galeguista". Nel reuniranse mozos "que se senten galegos e que desexan un cambio social en Galiza". Aínda que de adscrición individual, nel haberá representantes de diversos colectivos políticos e sociais do país.
García-Margallo acusa o BCE de ser un banco "clandestino" que non está "a facer nada". O ministro de Asuntos Exteriores critica a entidade por "non parar o incendio da débeda pública".
O Goberno prevé unha caída da economía do 0,5 % en el 2013 e asume de novo que non se creará emprego.
O FROB solicita personarse na causa aberta na Audiencia Nacional por Bankia, que cumpre un ano en Bolsa cunha caída de máis do 10%.