Un incendio, aínda activo en Oímbra, queimou xa 200 hectáreas.
Fálase
Un economista do FMI dimite "avergonzado" polo "fracaso" na xestión da crise. O veterano Peter Doyle lamenta a "incompetencia" do organismo.
As portadas da prensa española dan conta da gravidade da situación económica do Estado. El País fala de "situación límite", El Mundo insinúa o "rescate total" e La Razón e ABC apelan ao BCE. El Periódico é claro: "Valencia cae, España treme".
O PSdeG abre formalmente este sábado o proceso de primarias para elixir candidato á Xunta. O proceso durará entre 22 e 45 días dependendo se se presenta ou non unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez.
O Foro da Mocidade Galega reúnese este sábado en Compostela co obxectivo "de tecer pontes entre as diferentes sensibilidades da esquerda galeguista". Nel reuniranse mozos "que se senten galegos e que desexan un cambio social en Galiza". Aínda que de adscrición individual, nel haberá representantes de diversos colectivos políticos e sociais do país.
García-Margallo acusa o BCE de ser un banco "clandestino" que non está "a facer nada". O ministro de Asuntos Exteriores critica a entidade por "non parar o incendio da débeda pública".
O Goberno prevé unha caída da economía do 0,5 % en el 2013 e asume de novo que non se creará emprego.
O FROB solicita personarse na causa aberta na Audiencia Nacional por Bankia, que cumpre un ano en Bolsa cunha caída de máis do 10%.
O Ibex pecha cunha caída do 5,8%, a maior desde 2010, e a prima de risco alcanza o seu máximo da era euro ao situarse nos 619 puntos. Os mercados non dan tregua.