O PSOE propón un plan que paralizaría despidos e desafiuzamentos. Inclúe axudas ás empresas para obter unha moratoria dos despedimentos por causas económicas até 2015.
Fálase
Pachi Vázquez apoia o alcalde de Ourense, que se desculpa publicamente pola polémica. O secretario xeral do PSdeG "valora" que "recoñeza o erro".
Alemaña pide a España que siga coas reformas. Só así acepta a prórroga de dous anos que a UE lle dá ao Goberno para cumprir o obxectivo de déficit.
A PAH contesta as acusacións do Goberno de Rajoy desde unha pantalla de televisión. Abren un debate sobre a democracia máis aló das súas reivindicacións.
O Obradoiro cae ante o Unicaja no Sar (65-69) pero mantén o basketaverage e segue vivo na loita polos play-off.
O Deportivo saca un punto ante o Atlético en Riazor (0-0) nun encontro con poucas ocasións. O equipo galego reclamou dous penaltis non asubiados polo árbitro.
O Lugo empata en Barcelona (2-2) co filial do equipo culé e case confirma a súa permanencia na Segunda División.
Rexeitamento unánime da oposición aos recortes en Portugal. Socialistas e Bloco de Esquerda piden a dimisión do Goberno.
O PP de Ourense pide a dimisión do alcalde tras o "escándalo" dos seus "botellóns". Acúsano de "prepotente" por non se desculpar.
Cospedal di que o PP "non se rende" e carga contra os movementos sociais.