O PP de Ourense pide a dimisión do alcalde tras o "escándalo" dos seus "botellóns". Acúsano de "prepotente" por non se desculpar.
Fálase
Cospedal di que o PP "non se rende" e carga contra os movementos sociais.
Baltar non pon dúbidas sobre a xestión de seu pai, pero insiste en que "cada persoa é responsable dos seus actos". Insiste en que o ERE na Deputación de Ourense é necesario.
Pleno de vitorias na LEB Ouro para os galegos. O Básquet Coruña volve dar a sorpresa e está a unha soa vitoria de eliminar o poderoso Andorra tras vencer (73-66) na Coruña. O Breogán gaña na pista do Cáceres (52-74) e recupera o factor cancha, mentres que o COB Ourense está a un paso da salvación logo de superor o Knet (67-58).
O Celta empata co Athletic (1-1) e suma un punto que non lle permite saír dos postos de descenso. De Marcos adiantou os vascos e Aspas empatou a pouco do final nun encontro no que os visitantes erraron varias ocasións.
Botín ve “fatal” o decreto andaluz que lles permite aos desafiuzados quedar nas súas casas. Defende a política levada a cabo polos bancos españois.
O TSXG sentencia que o ERE presentado na Deputación de Ourense e que acabou co despedimento de 25 traballadores "non se axusta a dereito". O tribunal dálle parcialmente a razón á demanda de CC.OO., que pedia a nulidade do ERE.
O CIS volve preguntar sobre a Monarquía, despois de que deixara de facelo en outubro de 2011, cando obtivo o seu primeiro suspenso, cun 4,89 sobre dez. Un ano e medio despois a súa valoración cae até os 3,6 puntos, por riba dos partidos políticos ou o Goberno, pero moi por detrás da policía ou os medios de comunicación.
O PP baixa un punto en estimación de voto, do 35% ao 34%, no barómetro de abril do CIS, pero amplía a súa diferenza sobre o PSOE, que cae do 30,2% ao 28,2%. IU (9,9%) e UPyD (7,4%) soben unhas décimas e o BNG pasa do 0,8% de xaneiro ao 0,7%. O descenso de PP e PSOE é moito maior na intención de voto directa, que pasa do 45% ao 26% en só un ano. A corrupción convértese no segundo problema para os entrevistados, só por detrás do paro. Ningún dos líderes políticos polos que se pregunta chega ao catro de valoración media. O 86% dos entrevistados di ter "pouca ou ningunha confianza" en Rajoy e o 90% di o mesmo sobre Rubalcaba.
Bruxelas empeora as previsións de PIB e déficit feitas por Rajoy. Prevé que a economía retroceda un 1,5% e que o déficit situarase no 6,5%.