O Celta empata co Athletic (1-1) e suma un punto que non lle permite saír dos postos de descenso. De Marcos adiantou os vascos e Aspas empatou a pouco do final nun encontro no que os visitantes erraron varias ocasións.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5184b09409b88-celta-athletic_1-1.jpg)
O Celta empata co Athletic (1-1) e suma un punto que non lle permite saír dos postos de descenso. De Marcos adiantou os vascos e Aspas empatou a pouco do final nun encontro no que os visitantes erraron varias ocasións.
Botín ve “fatal” o decreto andaluz que lles permite aos desafiuzados quedar nas súas casas. Defende a política levada a cabo polos bancos españois.
O TSXG sentencia que o ERE presentado na Deputación de Ourense e que acabou co despedimento de 25 traballadores "non se axusta a dereito". O tribunal dálle parcialmente a razón á demanda de CC.OO., que pedia a nulidade do ERE.
O CIS volve preguntar sobre a Monarquía, despois de que deixara de facelo en outubro de 2011, cando obtivo o seu primeiro suspenso, cun 4,89 sobre dez. Un ano e medio despois a súa valoración cae até os 3,6 puntos, por riba dos partidos políticos ou o Goberno, pero moi por detrás da policía ou os medios de comunicación.
O PP baixa un punto en estimación de voto, do 35% ao 34%, no barómetro de abril do CIS, pero amplía a súa diferenza sobre o PSOE, que cae do 30,2% ao 28,2%. IU (9,9%) e UPyD (7,4%) soben unhas décimas e o BNG pasa do 0,8% de xaneiro ao 0,7%. O descenso de PP e PSOE é moito maior na intención de voto directa, que pasa do 45% ao 26% en só un ano. A corrupción convértese no segundo problema para os entrevistados, só por detrás do paro. Ningún dos líderes políticos polos que se pregunta chega ao catro de valoración media. O 86% dos entrevistados di ter "pouca ou ningunha confianza" en Rajoy e o 90% di o mesmo sobre Rubalcaba.
Bruxelas empeora as previsións de PIB e déficit feitas por Rajoy. Prevé que a economía retroceda un 1,5% e que o déficit situarase no 6,5%.
Denuncian que un militante da Associaçom Cultural Revira de Pontevedra está entre os detidos este xoves en Madrid nunha marcha antifascista que protestaba contra unha manifestación da Falange no barrio de Chueca.
O Partido pola Independencia do Reino Unido (Ukip), antieuropeista e xenófobo, obtivo un 26% dos votos nas eleccións municipais deste xoves nas que conservadores e liberais sufriron un descenso moi importante. É o resultado máis importante para un cuarto partido dende a Segunda Guerra Mundial.
A confianza do consumidor sobe en abril por segundo mes consecutivo. O índice subiu 4,6 puntos en relación ao mes anterior, até chegar aos 56,7 puntos
A AELG entrega este sábado os seus galardóns. A gala terá lugar no Centro Ágora da Coruña e tamén se entregará o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado a Lídia Jorge, e os Premios da Crítica Galega.