O PP catalán propón que os concellos denuncien a Extranxeiría os inmigrantes irregulares que queiran empadronarse
Fálase
José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do Tribunal Supremo, avoga por xulgar grandes estafas financeiras como crimes contra a humanidade
Alemaña estuda emprestar cartos ás pemes de España e Portugal. O banco público KfW concedería préstamos ao ICO para darlles liquidez ás empresas.
A participación na primeira xornada das eleccións municipais italianas, celebrada este domingo, cae 11 puntos. A formación que pode sufrir máis a desafección é o Partido Democrático (PD), tras o seu pacto con Berlusconi.
Depor e Celta loitarán na derradeira xornada da Liga por seguir en primeira. Os coruñeses perderon a posibilidade de salvarse matematicamente ao caer en Málaga 3-1, mentres que os celestes manteñen as súas opcións ao derrotar o Valladolid 0-2. O Depor dependerá de si mesmo, pero pase o que pase un dos dous equipos galegos perderá a categoria.
Ultradereitistas toman a sede socialista na marcha contra o matrimonio igualitario de París. 150.000 persoas participaron na manifestación, a mitade que na marcha de marzo
Comeza nestes momentos a penúltima xornada de Liga, decisiva para o obxectivo de Dépor e Celta de permanecer en primeira. Os coruñeses poderían salvarse hoxe se gañan e perde o Zaragoza. Os celestes necesitan gañar para seguir mantendo opcións.
O 'comité de expertos' propón que as pensiones poidan baixar. Calculan que as súas medidas poderían facer perder en 7 anos un 6% de poder adquisitivo aos pensionistas actuais
Suso Seixo foi reelixido secretario xeral da CIG cun 90% dos votos no seu VI Congreso. O rexeitamento do pacto social e os berros a favor da folga xeral marcaron as últimas horas do encontro. Toda a información, esta tarde en Praza.
O Blusens Monbús cae ante o Real Madrid 58-74 no segundo partido do play off polo título e queda eliminado.