Suso Seixo foi reelixido secretario xeral da CIG cun 90% dos votos no seu VI Congreso. O rexeitamento do pacto social e os berros a favor da folga xeral marcaron as últimas horas do encontro. Toda a información, esta tarde en Praza.

Suso Seixo foi reelixido secretario xeral da CIG cun 90% dos votos no seu VI Congreso. O rexeitamento do pacto social e os berros a favor da folga xeral marcaron as últimas horas do encontro. Toda a información, esta tarde en Praza.
O Blusens Monbús cae ante o Real Madrid 58-74 no segundo partido do play off polo título e queda eliminado.
Tensión na asemblea da comunidade de montes de Cabral que debe decidir se vende o monte comunal para a construción dun megacentro comercial. Protestas no exterior e máis no interior do recinto do IFEVI pedindo transparencia e voto en urna. Máis información, esta mañá en Praza
O Rácing de Ferrol empatou ante o Laudio 1-1 no partido de ida do play off de ascenso a 2ªB. A Malata decidirá se os ferroláns ascenden directamente ou necesitan xogar máis roldas. O Compostela derrotou o Ebro 4-0 e o Depor B ao Cornellá por 3-1.
O voceiro de EU na Coruña, César Santiso, salienta nunha entrevista en La Opinión que "segundo as enquisas, podemos pasar a ser segunda ou primeira forza" na cidade", repetindo nas municipais a coalición de AGE.
O 70% dos españois rexeita que a Relixión sexa unha materia escolar coma as demais, segundo unha sondaxe que este domingo publica El Pais.
O Goberno ponlle trabas a un xuízo internacional contra crimes franquistas. Exteriores presiona para suspender as declaracións de querelantes na causa que se instrúe en Arxentina
O Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR) incluiu este ano un escrache ao ILG, ademais do pregón de Teresa Moure e a tradicional manifestación.
IU ofrécelles aos movementos sociais unha acción común para as eleccións europeas de 2014. A formación cre que é "o momento de unirse" e denunciar o "fracaso do modelo de construción europea" que provocou o "empobrecemento do Sur de Europa"
Darth Vader faise co control da Praza do Obradoiro tras o desfile das tropas imperiais. #Compostelacontraataca