Emilio Pérez Touriño publica un artigo en El País no que amosa a súa preocupación pola situación dos partidos socialdemócratas, "dominados por burocratizados aparatos de profesionais da política que permanecen afastados das novas demandas e cambios sociais". O ex presidente da Xunta chama á socialdemocracia a un meirande compromiso coa unión política de Europa.
Fálase
A maioría dos norteamericanos amósanse contrarios a unha intervención militar dos EE.UU. en Siria. Só o 9% apoiaría os ataques, un 25% se se demostra que o réxime de al-Assad empregou armas químicas, segundo unha enquisa de Reuters/Ipsos.
A páxina de The New York Times deixou de funcionar esta noite e segue tendo problemas esta mañá por mor dun ciberataque atribuído ao Exército Electrónico Sirio. Este grupo xa atacara outros medios norteamericanos e mesmo hackeou as contas de twitter dalgunhas cabeceiras.
O Ministerio de Emprego descarta a fórmula do dobre factor de sostibilidade, idea estrela do comité de sabios para recortar as pensións e tampouco recollerá os prazos para a súa aplicación. Publícao infoLibre.
O número de hipotecas sobre vivendas en Galicia foi de 397 en xuño deste ano, un 64% menos que o mesmo mes en 2012.
Un incendio en Ribeira, declarado ás nove da noite, obrigou a desaloxar centos de persoas e cortou a autovía do Barbanza, deixando case illada a vila durante parte da noite. O lume achegouse a uns depósitos de gas, ameazou o hospital e obrigou a desaloxar o polígono de Xarás. O lume está activo pero estabilizado.
David Cameron anuncia que este xoves se reunirá o parlamento británico para debater e autorizar a participación do Reino Unido nunha intervención militar en Siria.
Nos medios rusos apúntase o perigo de que unha intervención en Siria supoña o inicio dunha escalada militar. Adrian Salbuchi afirma que "se cae Siria, cae Irán e logo o ataque vai directamente contra Rusia"
Dende os Estados Unidos súmanse as mensaxes que xustifican o anunciado ataque contra posicións militares sirias. O vicepresidente Joe Biden afirma que "non hai dúbida" de que o goberno de Assad usou armas químicas.
O desemprego en Francia ascende un 0.2% en xullo e acada un novo récord, con 3.540.000 parados e paradas.