O desemprego en Francia ascende un 0.2% en xullo e acada un novo récord, con 3.540.000 parados e paradas.
Fálase
EE.UU. prepara un inminente ataque contra Siria, segundo publica The Washington Post. Comezaría este xoves, sería limitado no tempo (duraría dous ou tres días), dirixiríase contra obxectivos concretos e realizaríase a través do lanzamento de misís dende o mar.
O PP impón a súa maioría absoluta na Mesa do Congreso para vetar unha iniciativa do PSOE para que Rajoy se someta a unha interpelación sobre o caso Bárcenas
Dani Moreno (Katusha) gaña a cuarta etapa da Vuelta, Lalín/A Estada-Fisterra. A etapa, que pasou polo Mirador do Ézaro e rematou no Faro de Fisterra, foi denominada Etapa do fin do mundo
Esquerda Unida pide que o Concello da Coruña faga públicos na súa web todos os expedientes administrativos para mellorar a transparencia. O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que “dende a chegada do PP a María Pita a transparencia en contratación descendeu nun 65%".
A Rede EQUO Xove Galicia denuncia a privatización do Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña e enmarca a decisión do goberno municipal de Carlos Negreira (PP) nos "ataques das políticas do PP á mocidade"
O conselleiro delegado de Povisa, José Bernardo Silveira, saíu escoltado dos xulgados de Vigo, onde acudiu a declarar pola demanda de CC.OO. que denuncia a imposición do convenio provincial por parte da empresa. Silveira foi apupado por ao redor de 200 traballadoras e traballadores.
O lume iniciado onte pola tarde en Oia afecta xa a O Rosal e Tomiño e achégase á Guarda. A Xunta confirma que xa se queimaron ao redor de 1.500 hectáreas, pero o alcalde de Oia eleva a cifra a máis de 2.000.
Os xefes militares de dez países, entre eles o estadounidense Martin Dempsey, seguen reunidos en Xordania para debater a posibilidade dunha intervención armada en Siria. Rusia ou Irán alertaron nas últimas horas das "serias consecuencias" dunha acción militar foránea no país.
A Deputación Permanente do Congreso deberá decidir este martes pola tarde se adianta a esixencia de responsabilidades a Mariano Rajoy sobre o 'caso Bárcenas' e se debate xa a creación dunha comisión de investigación sobre a contabilidade do PP, así como as comparecencias de Soraya Sáenz de Santamaría e once ministros.