Esta fin de semana finou aos 77 anos de idade Miguel Romero, Moro, fundador da Liga Comunista Revolucionaria e dende 1991 editor da revista Viento Sur. Jacobo Rivero dedícalle un artigo en Diagonal.
Fálase
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública denuncia que as listas de espera reais na área sanitaria de Vigo son moi superiores ás recoñecidas pola Consellaría de Sanidade
Wikipedia anuncia un novo proxecto denominado WikiVIP (Wikipedia Voice Intro Project), co obxectivo de incorporar as voces de persoas notables á enciclopedia en liña
Ao longo de toda esta semana falouse moito da Music Timeline lanzada por dous grupos de investigación de Google, que amosa a evolución da popularidade dos distintos xéneros musicais nas últimas décadas.
O tope salarial para os alcaldes non será tal. O límite para os rexedores das grandes cidades quedará establecido en 100.000 euros anuais, e en 80.000 para os concellos entre 150 mil e 300 mil habitantes, unhas cifras que poucos superan na actualidade. Mesmo nos concellos de mil a cinco mil habitantes os soldos poderán chegar aos corenta mil euros anuais.
Dépor e Lugo venceron pola mínima nos seus partidos, xogados na tarde do sábado. Os deportivistas impuxéronse ao Córdoba (0-1) cun gol de Borja Bastón no minuto 89, pero sufriron a lesión de Germán Lux. Os lucenses derrotaron (1-0) o Barça B
A suba do prezo do leite en orixe anima o sector. Os produtores galegos esperan aumentar a produción nun 15% até 2020.
143 detidos no Brasil nas protestas contra a organización do Mundial de fútbol, os sobrecustes das obras dos estadios e a corrupción das institucións
Stephen Hawking nega a existencia dos buracos negros da maneira como os coñecemos. Nun breve artigo do que se fai eco a revista Nature, o científico -un dos principais investigadores destes obxectos- sinala que constitúen un "horizonte aparente" que mantería prisioneiras de forma temporal a materia e a enerxía antes dunha eventural liberación.
Cargas policiais e detidos na visita do ministro Wert a Tenerife. Os enfrentamentos producíronse cando a policía tentou impedir que algúns manifestantes, convocados por sindicatos e grupos estudantís, accedesen á catedral de La Laguna.