Stephen Hawking nega a existencia dos buracos negros da maneira como os coñecemos. Nun breve artigo do que se fai eco a revista Nature, o científico -un dos principais investigadores destes obxectos- sinala que constitúen un "horizonte aparente" que mantería prisioneiras de forma temporal a materia e a enerxía antes dunha eventural liberación.
Fálase
Cargas policiais e detidos na visita do ministro Wert a Tenerife. Os enfrentamentos producíronse cando a policía tentou impedir que algúns manifestantes, convocados por sindicatos e grupos estudantís, accedesen á catedral de La Laguna.
A Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública chaman a concentrarse este luns contra o "cruel" dobrepagamento de medicamentos da farmacia hospitalaria. As concentracións terán lugar ante os hospitais de Monforte, A Coruña, Ferrol, Santiago, Cee, Ribeira, Lugo, Burela, Ourense, O Barco, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Verín.
A Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública chaman a concentrarse este luns contra o "cruel" dobrepagamento de medicamentos da farmacia hospitalaria. As concentracións terán lugar ante os hospitais de Monforte, A Coruña, Ferrol, Santiago, Cee, Ribeira, Lugo, Burela, Ourense, O Barco, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Verín.
A situación das listas de espera na área sanitaria de Vigo é destacada este sábado pola prensa. Se no coxunto de Galicia estes prazos incrementáronse no 2013 e superan os 83 días, no Chuvi chegan até os 95, con máis de sete mil cirurxías pendentes. En Povisa a lista de espera media é de 179 días (iso si, trinta menos que o ano anterior).
O LaconNetwork celebrará o seu cuarto aniversario o vindeiro 31 de xaneiro en Vigo no Auditorio Mar de Vigo. O evento contará coa presenza de Enrique Dans e coincidirá coa entrega dos premios Eganet.
El Diario entrevista Agustín Fernández Mallo, que publica a súa nova novela, Limbo: “A narrativa marchou a plantexamentos esteticamente máis conservadores”
Ruz reabre a investigación sobre o PPdeG polo caso Bárcenas. Investiga a devolución dunha débeda por parte da dirección do partido en Pontevedra, relacionado co pago de 50.000 euros en sobresoldos a Rajoy e Cospedal.
Alberto Núñez Feijoo amósase crítico nunha entrevista en RNE coa reforma do aborto proxectada polo ministro Gallardón. Afirma que "non me gustaría que as mulleres crucen a fronteira para facer algo que aquí non se admite" e sinala que un aborto é un "fracaso", pero "unha cousa é que sexa un fracaso e outra é que se inclúa nun Código Penal".
Medra o tempo de espera para operarse en Galicia, pasando dos 83,4 días de hai un ano até os actuais 84,2 días, segundo as cifras feitas públicas hoxe pola Consellaría de Sanidade. Este incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves, nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3.