A situación das listas de espera na área sanitaria de Vigo é destacada este sábado pola prensa. Se no coxunto de Galicia estes prazos incrementáronse no 2013 e superan os 83 días, no Chuvi chegan até os 95, con máis de sete mil cirurxías pendentes. En Povisa a lista de espera media é de 179 días (iso si, trinta menos que o ano anterior).
Fálase
O LaconNetwork celebrará o seu cuarto aniversario o vindeiro 31 de xaneiro en Vigo no Auditorio Mar de Vigo. O evento contará coa presenza de Enrique Dans e coincidirá coa entrega dos premios Eganet.
El Diario entrevista Agustín Fernández Mallo, que publica a súa nova novela, Limbo: “A narrativa marchou a plantexamentos esteticamente máis conservadores”
Ruz reabre a investigación sobre o PPdeG polo caso Bárcenas. Investiga a devolución dunha débeda por parte da dirección do partido en Pontevedra, relacionado co pago de 50.000 euros en sobresoldos a Rajoy e Cospedal.
Alberto Núñez Feijoo amósase crítico nunha entrevista en RNE coa reforma do aborto proxectada polo ministro Gallardón. Afirma que "non me gustaría que as mulleres crucen a fronteira para facer algo que aquí non se admite" e sinala que un aborto é un "fracaso", pero "unha cousa é que sexa un fracaso e outra é que se inclúa nun Código Penal".
Medra o tempo de espera para operarse en Galicia, pasando dos 83,4 días de hai un ano até os actuais 84,2 días, segundo as cifras feitas públicas hoxe pola Consellaría de Sanidade. Este incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves, nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3.
O Goberno rebaixará o IVE cultural do 21% ao 10% pero só para as entregas de obxectos de arte, "unha medida de apoio" a autores de pinturas, galerías coleccionistas, anticuarios e marchantes.
Co gallo do 50 aniversario do Facho, Montse Dopico entrevista o seu actual presidente, Xosé L. Rodríguez Pardo, que destaca que “o asociacionismo cultural contribuíu á chegada da democracia ao manter as teses galeguistas”
Os datos da EPA coñecidos onte revelan que a situación da comarca de Ferrol segue empeorando, cos peores inidicadores de desemprego e actividade de toda Galicia. A taxa de paro sitúase no 31,9%, dez puntos por riba da media do conxunto de Galicia, e só tres de cada dez persoas figuran como "ocupadas", sete puntos menos que hai un ano e a quince puntos da seguinte cidade galega con menor taxa de ocupación, Vigo.
O PSdeG expulsa o edil socialista que apoiou a moción de censura da Mezquita, que se debaterá o vindeiro 3 de febreiro. O alcalde, Rafael Pérez (BNG) confía en que se anule o voto do tránsfuga, o que detería a moción.