O Parlament de Catalunya aproba a declaración soberanista impulsada por Junts pel Si e a CUP. Os grupos soberanistas aplaudiron a aprobación, que o PP respondeu despregando bandeiras. Seguiu o debate ao vivo Catalunya Plural
Fálase
Galicia ten 700 edificios públicos aos que non se lles dá uso ningún. Cóntao La Voz de Galicia.
O procés independentista e Mas pasan hoxe a súa primeira proba no Parlament. A declaración de inicio da desconexión votarase hoxe e ata mañá a reelección do president, que non ten o apoio da CUP.
Unha información de eldiario.es revela como as petroleiras amañan os prezos do combustible. O caso está aberto na Audiencia Nacional e revela as prácticas fraudulentas de varias empresas.
Máis dun milleiro de persoas esixiron este mediodía en Sada un "reparto xusto" para a frota do cerco. Esta protesta por unhas novas cotas pesqueiras celébrase mentres representantes do sector continúan acampados ante a sede da Xunta. (Imaxe de Pilar Fernández).
José Blanco reitera que non ten "na cabeza" ser candidato á Xunta polo PSdeG tras as informacións que, este domingo, sinalan esta posibilidade.
Urbanistas e arquitectos analizan en La Opinión as opcións de reforma da coruñesa avenida de Lavedra, Alfonso Molina, para a que o goberno municipal defende a inclusión de novas solucións de mobilidade mentres o PP local esixe unha ampliación de carrís de tráfico.
O Obradoiro impúxose este sábado ao Gipuzkoa por 81-68 en Sar. Na LEB Ouro, o Ourense gañou en Cáceres 64-76, o Breogán perdeu 65-74 ante o Palma Air Europa e o Básquet Coruña caeu co Burgos por 66-73
Feijóo nega que exista debate sucesorio no PP, atribúelle ao PSOE o "inicio do problema territorial" en Catalunya e reitera que foi elixido líder do partido e candidato á Xunta en primarias. Afírmao nunha entrevista co diario La Razón
A Fiscalía presenta unha nova querela contra Espectáculos Lito, a principal empresa promotora de orquestras de Galicia, por presunta fraude de máis de 280.000 euros. Recólleo La Voz