O blog Pulso Inmobiliario predí unha caída no mercado dos alugueres nos vindeiros meses e tamén nos seus prezos. Sinala que cota hipotecaria media xa se situou por moi por debaixo do aluguer medio.
Fálase
Feijóo confirma que viaxará a Cuba "a principios de decembro". A Xunta inscribe esta visita na "estratexia" de acción exterior iniciada por Manuel Fraga en 1991, que foi recibido na illa con honras de xefe de Estado.
O BNG pedirá que Pablo Crespo compareza na comisión de prevención da corrupción no Parlamento. Jorquera tentará que PSdeG e AGE se unan á reclamación para que teña "máis forza".
O PP é o único partido estatal que sobe en intención de voto, segundo o barómetro de outubro do CIS, que sitúa o BNG no 0,2% dos votos. Todos os ministros do Goberno suspenden e Wert é o peor valorado.
O Goberno de Cuba baralla arranxar a casa natal de Fidel Castro, en Láncara. O embaixador cubano, Eugenio Martínez, lamentou o pésimo estado da vivienda
La Voz de Galicia dá conta de tres establecementos da comarca de Compostela que puxeron en marcha a iniciativa do "café pendente", que consiste en deixar pagado un café de máis, para que o tome algunha persoa sen recursos.
Continúan os vertidos ao mar dun sumidoiro anexo á depuradora de Bens, na Coruña. Denuncian que a auga, escura, desprende un forte cheiro a carburante.
Unha campaña publicitaria en Italia presentan unha Mona Lisa calva para concienciar á sociedade sobre o cancro.
Iñigo Sáenz de Ugarte analiza en El Diario as memorias de José María Aznar "para que ti non teñas que facelo". O ex presidente afirma que "o cumio das Azores marcou o punto máis alto da relevancia internacional de España"
Máis de 20 mil mozos galegos regresaron a casa dos seus pais nos últimos catro anos. Oito de cada dez galegos menores de 30 anos viven cos seus proxenitores, segundo os datos do Observatorio de Emancipación do Consejo de la Juventud de España