O novo goberno de Sarria decide non seguir adiante coas obras de encanamento do río, que xeraron unha forte oposición social durante o pasado mandato. Cóntao El Progreso
Fálase
A Mesa, "moi satisfeita" tras a súa primeira xuntanza co alcalde da Coruña. A asociación subliña a "receptividade" de Xulio Ferreiro cara ás propostas en materia de normalización lingüística.
O adianto retroactivo da rebaixa do IRPF abre o carrusel electoral cara ás xerais. eldiario.es analiza a "carreira contrarreloxo" de Rajoy para "evitar a derrota"
As mareas advirten de que non aceptarán supeditarse á marca Podemos nas xerais. Pablo Iglesias inicia este venres unha visita a Galicia na que se reunirá con, entre outros, Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz, Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega.
Manuel Martínez teima en ser candidato á presidencia da Deputación de Lugo. Tras unha xuntanza con deputados provinciais e alcaldes socialistas asegurou que "a decisión tena o Bloque" e que "quedan catro anos de mandato", segundo recolle La Voz
O correspondente do Financial Times en Madrid analiza que a crise grega é "un agasallo político" para Mariano Rajoy
Os sindicatos agrarios e gandeiros concentráronse este xoves en Lalín para esixir "prezos dignos" do leite. A mobilización estivo apoiada polo alcalde lalinense, Rafael Cuíña, e outros edís da comarca. Recólleo Campo galego
O arcebispo de Santiago manifesta o seu "respecto" pola decisión do goberno compostelán de non acudir á ofrenda ao Apóstolo. Julián Barrio mantivo este xoves un encontro institucional co alcalde da cidade, Martiño Noriega,
O día de San Xoán será festivo en toda Galicia en 2016. O Consello da Xunta vén de aprobar o calendario laboral para o vindeiro ano.
O xuíz Santiago Pedraz arquiva o caso dos 'tuits' de Guillermo Zapata nun contundente auto