Manuel Martínez teima en ser candidato á presidencia da Deputación de Lugo. Tras unha xuntanza con deputados provinciais e alcaldes socialistas asegurou que "a decisión tena o Bloque" e que "quedan catro anos de mandato", segundo recolle La Voz
Fálase
O correspondente do Financial Times en Madrid analiza que a crise grega é "un agasallo político" para Mariano Rajoy
Os sindicatos agrarios e gandeiros concentráronse este xoves en Lalín para esixir "prezos dignos" do leite. A mobilización estivo apoiada polo alcalde lalinense, Rafael Cuíña, e outros edís da comarca. Recólleo Campo galego
O arcebispo de Santiago manifesta o seu "respecto" pola decisión do goberno compostelán de non acudir á ofrenda ao Apóstolo. Julián Barrio mantivo este xoves un encontro institucional co alcalde da cidade, Martiño Noriega,
O día de San Xoán será festivo en toda Galicia en 2016. O Consello da Xunta vén de aprobar o calendario laboral para o vindeiro ano.
O xuíz Santiago Pedraz arquiva o caso dos 'tuits' de Guillermo Zapata nun contundente auto
A Policía practica un novo rexistro na Deputación de Lugo por orde da xuíza Pilar de Lara. Segundo informa Europa Press, a comitiva policial reclamou contratos dende o ano 2003 e devolveu documentación que recompilara no rexistro anterior.
Urco Editora publica a edición definitiva de O frío azul de Ramón Caride, o primeiro libro galego con Realidade Aumentada, un sistema tecnolóxico que, mediante un dispositivo móbil, combina a visión da contorna física con elementos dixitais
As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 7.919 persoas en Galicia durante o mes de xuño. É un descenso do 3,34% intermensual e dun 9,21% interanual. Máis información, hoxe en Praza.
Moncloa difundiu a pasada madrugada unha imaxe de Rajoy, Zapatero, Aznar e González ceando co anterior rei, Xoán Carlos I