Diego Cañamero, portavoz do SAT, abandona IU xunto cun grupo de dirixentes da CUT, polo apoio da coalición ao goberno de Susana Díaz en andalucía e aos seus orzamentos para o vindeiro ano.
Fálase
El Diario publica a sondaxe de decembro de Celeste-Tel; o PP gañaría as eleccións xerais cun 29,9% dos votos (0,56 puntos menos en novembro), seguido do PSOE co 24,1% (0,4 puntos menos) e Podemos co 21,7% (0,13 puntos máis). IU obtería o 4,93% e Ciudadanos o 3,93%. O BNG tería o 0,55% dos votos
Membros da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C realizarán este luns actividades informativas ás portas de consultas externas do Hospital Clínico de Santiago e do Hospital Xeral de Vigo. Reclaman que as autoridades lles concedan o tratamento con Sofosbuvir "que os nosos médicos nos prescriben no sistema sanitario público"
Darío Villanueva, novo presidente da RAE, aposta por "coidar" a transmisión do galego "nas familias" para que non se perda. Rexeita visións catastrofistas sobre o futuro da lingua, destaca a capacidade de resistencia dos idiomas e subliña que o galego ten unha "situación constitucional" mellor que nunca
Público faise eco nunha reportaxe do caso de Patricia Heras, supostamente torturada pola policía en Barcelona, condenada inxustamente e que se suicidou posteriormente. A súa historia foi relatada polo documental Ciutat Morta, premiado nos festivais de Málaga e Donostia e censurado por TV3 ata que a presión cidadá obrigou á súa emisión, que terá lugar este mes de xaneiro.
O marisco recollido na ría de Arousa cae ao seu nivel mínimo tras o Prestige, sobre todo en vieira, ameixa e berberecho. A produción de ameixa en Carril pasou dos 435.563 quilos de 2012 aos 15.636 deste ano que remata
La Voz de Galicia entrevista a José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG-PSOE: "Toda a xestión de Feijoo na Xunta tradúcese en 'a culpa non é miña'"
Traballadores de Alcoa impulsarán un informe en colaboración con profesores universitarios para buscar alternativas ao actual mecanismo de interrumpibilidade eléctrica que, din, pon en perigo a continuidade desta e doutras empresas.
Enfermos de hepatite C esixen ante Sanidade que lles dean os novos tratamentos. Forman unha cadea humana ante o Ministerio de Sanidade pedindo que Alfonso Alonso os reciba canto antes
Desaparece un avión de AirAsia que voaba de Indonesia a Singapur con 162 persoas a bordo. O avión desapareceu do radar despois de que o piloto solicitase un cambio de rumbo polas malas condicións meteorolóxicas.