Darío Villanueva, novo presidente da RAE, aposta por "coidar" a transmisión do galego "nas familias" para que non se perda. Rexeita visións catastrofistas sobre o futuro da lingua, destaca a capacidade de resistencia dos idiomas e subliña que o galego ten unha "situación constitucional" mellor que nunca
Fálase
Público faise eco nunha reportaxe do caso de Patricia Heras, supostamente torturada pola policía en Barcelona, condenada inxustamente e que se suicidou posteriormente. A súa historia foi relatada polo documental Ciutat Morta, premiado nos festivais de Málaga e Donostia e censurado por TV3 ata que a presión cidadá obrigou á súa emisión, que terá lugar este mes de xaneiro.
O marisco recollido na ría de Arousa cae ao seu nivel mínimo tras o Prestige, sobre todo en vieira, ameixa e berberecho. A produción de ameixa en Carril pasou dos 435.563 quilos de 2012 aos 15.636 deste ano que remata
La Voz de Galicia entrevista a José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG-PSOE: "Toda a xestión de Feijoo na Xunta tradúcese en 'a culpa non é miña'"
Traballadores de Alcoa impulsarán un informe en colaboración con profesores universitarios para buscar alternativas ao actual mecanismo de interrumpibilidade eléctrica que, din, pon en perigo a continuidade desta e doutras empresas.
Enfermos de hepatite C esixen ante Sanidade que lles dean os novos tratamentos. Forman unha cadea humana ante o Ministerio de Sanidade pedindo que Alfonso Alonso os reciba canto antes
Desaparece un avión de AirAsia que voaba de Indonesia a Singapur con 162 persoas a bordo. O avión desapareceu do radar despois de que o piloto solicitase un cambio de rumbo polas malas condicións meteorolóxicas.
A Marcha pola Dignidade e a Asemblea de Parados chaman dende Barcelona a convocar unha folga xeral "laboral, de consumo e social" o 22 de outubro de 2015. Previamente convocarán mobilizacións contra a Lei Mordaza, xa este mes de xaneiro.
A Marcha pola Dignidade e a Asemblea de Parados chaman dende Barcelona a convocar unha folga xeral "laboral, de consumo e social" o 22 de outubro de 2015. Previamente convocarán mobilizacións contra a Lei Mordaza, xa este mes de xaneiro.
Estrategas do PP cualifican de "suicidio" electoral privatizar Aena a 45 días das eleccións autonómicas de maio, destaca El Diario. Varios gobernos autonómicos, como Canarias e Cataluña, levan ante a xustiza a venda dos aeroportos dos seus territorios