Case o 97% dos crimeos vota a favor da reunificación con Rusia. A participación superou o 80%, segundo as autoridades.

Case o 97% dos crimeos vota a favor da reunificación con Rusia. A participación superou o 80%, segundo as autoridades.
O Boiro mantense de líder na Terceira galega logo de vencer 1-0 ao As Pontes. No resto de encontros: Somozas 5 - Laracha 0; Choco 1 - Arousa 0; Racing Vilalbés 1 - Cultural 3; Grixoa 1 - Cerceda 2; Barbadás 2 - Fabril 0; Pontevedra 1 - Rápido de Bouzas 0; Negreira 1 - Alondras 2; Ordes 4 - Betanzos 0; Dorneda 1 - Bertamiráns 1.
O Racing de Ferrol golea 6-0 ao Logroñés e mantén a segunda praza na Segunda B. Celta B e Compostela empataron (1-1) no derbi galego da xornada, onde o Ourense venceu o Caudal (1-0) e o Coruxo caeu ante a UD Logroñés (1-0).
Xavier Vence cre que o PP "debería retirar da circulación" a Paula Prado e "non poñela a dicir disparates". O voceiro nacional do BNG acusa a dereita dunha "campaña despreciable" por vincular a súa formación co terrorismo nunha entrevista na Cadena SER.
O 93% dos crimeos vota a favor de integrarse en Rusia, segundo unha enquisa a pé de urna.
O Lugo saca un valioso empate (1-1) ante o Córdoba. Un tanto de Víctor Díaz a pouco do final deulle un importante punto ao equipo galego.
O Obradoiro cae en Zaragoza ante o CAI (85-58) nunha nova xonrada da Liga ACB.
Quintana cre que "hai algo máis" detrás do sector do cerco que as súas reivindicacións e pídelles "seriedade". Cre que "non se pode perder un ano" logo de que os armadores rexeitasen o principio de acordo.
Anova escollerá os seus candidatos ás eleccións europeas en referendo o vindeiro 30 de marzo. Repetirase o modelo empregado para determinar as alianzas para os comicios.
Crimea xa vota en referendo a súa posible incorporación a Rusia. Agárdase a que gañe o 'si' ante a maioritaria presenza de habitantes rusos na rexión.