O Lugo saca un valioso empate (1-1) ante o Córdoba. Un tanto de Víctor Díaz a pouco do final deulle un importante punto ao equipo galego.
Fálase
O Obradoiro cae en Zaragoza ante o CAI (85-58) nunha nova xonrada da Liga ACB.
Quintana cre que "hai algo máis" detrás do sector do cerco que as súas reivindicacións e pídelles "seriedade". Cre que "non se pode perder un ano" logo de que os armadores rexeitasen o principio de acordo.
Anova escollerá os seus candidatos ás eleccións europeas en referendo o vindeiro 30 de marzo. Repetirase o modelo empregado para determinar as alianzas para os comicios.
Crimea xa vota en referendo a súa posible incorporación a Rusia. Agárdase a que gañe o 'si' ante a maioritaria presenza de habitantes rusos na rexión.
Artur Mas non descarta unha declaración unilateral de independencia, segundo asegurou nun debate en El Periódico. "A marcha atrás non é unha opción", asegura o presidente da Generalitat.
A Xunta volve expedientar a Fenosa por cobros indebidos a 12 municipios. A eléctrica facturou 400.000 euros de máis a pequenos municipios de Ourense.
O Deportivo empata na casa ante o Barcelona B sen goles e mantense en postos de ascenso directo a Primeira. Nun partido igualado, os de Fernando Vázquez non foron quen de marcar ante o filial blaugrana.
Francisco Vázquez acusa a Artur Mas "anunciar permanentemente un golpe de Estado" nun faladoiro organizado pola Asociación Católica de Propagandistas.
O Celta gaña ao Levante (0-1) e dá un paso de xigante cara á salvación. Un tanto de Nolito foi dabondo nun partido tolo no que o equipo local errou un penalti.