Morre Luis Gómez Llorente, o histórico socialista que se enfrontou a Felipe González no congreso de 1979 pedindo que o PSOE mantivese a súa ideoloxia marxista.
Fálase
Jorquera lembrou en Vilagarcia que “votar a Feijóo é darlle un cheque en branco a Rajoy para que baixe as pensións, os salarios e as prestacións por desemprego" e en referencia ao mitin do PP desta tarde en Pontevedra, o candidato do BNG afirmou que "esa praza de touros é a única Galicia que coñece Rajoy"
No mitin deste venres en Ourense Xosé Manuel Beiras afirmou que despois destas eleccións “abriremos un novo ciclo histórico. Republicano, laico e de alternativa para este país". E Yolanda Díaz lembrou o sindicalista da CIG Xesús Pintos, detido en Ferrol: “Tentan levar todas as mobilizacións ás cadeas. Estamos en guerra”.
O 67% das persoas que perderon o seu emprego durante a crise tiñan menos de 30 anos. Denúnciao un informe de CC.OO. que volve rexeitar o tópico dos nin-nin, pois contribúe a "culpabilizar" a mocidade da súa situación.
José Manuel Castelao Bragaña presenta a súa dimisión como presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior. Castelao Bragaña afirmara nunha xuntanza que "as leis son coma as mulleres, están para violalas".
“As leis son como as mulleres, están para violalas”. Esta frase foi pronunciada por José Manuel Castelao Bragaña, ex deputado do PP no Parlamento galego e dende hai uns dias presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior. "No pasa nada. ¿Hay nueve votos? Poned diez… Las leyes son como las mujeres, están para violarlas”, afirmou o mércores nunha xuntanza do citado organismo. Algúns delegados pedironlle a Castelao Bragaña que se retractase, algo que fixo afirmando que "soy un devoto de la mujer”.
Juan Varela analiza a crise do Grupo Prisa, que conta con 486 directivos. Ao tempo que se multiplican as crticas contra Juan Luis Cebrián por unhas supostas declaracións nas que xustificaba o ERE de 140 traballadores en El Pais porque “non podemos seguir vivindo tan ben”.
Facebook supera os mil millóns de usuarios, dos que 17 millóns están en España, 166 millóns nos Estados Unidos e 58 millóns no Brasil. E Mark Zuckerberg: escribe: "A gran pregunta é que servizos podemos construir agora"
Botan a andar a web Galiciaprimeiro.com que empregando o lema do PP nestas eleccións repasa con retranca as promesas incumpridas por Núñez Feijoo. #eleccions21O
O Grupo Prisa confirma que haberá un ERE en El Pais. O número exacto de traballadores afectados coñecerase o martes pero barállanse cifras entre os 138 e os 144 xornalistas dos 450 cos que conta a cabeceira. O xornal pasou de gañar 120 millóns de euros anuais en 2007 a obter uns beneficios de dous millóns no primeiro semestres deste ano.