Botan a andar a web Galiciaprimeiro.com que empregando o lema do PP nestas eleccións repasa con retranca as promesas incumpridas por Núñez Feijoo. #eleccions21O
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/506ee2c30dc0d-captura.jpg)
Botan a andar a web Galiciaprimeiro.com que empregando o lema do PP nestas eleccións repasa con retranca as promesas incumpridas por Núñez Feijoo. #eleccions21O
O Grupo Prisa confirma que haberá un ERE en El Pais. O número exacto de traballadores afectados coñecerase o martes pero barállanse cifras entre os 138 e os 144 xornalistas dos 450 cos que conta a cabeceira. O xornal pasou de gañar 120 millóns de euros anuais en 2007 a obter uns beneficios de dous millóns no primeiro semestres deste ano.
CCOO e UGT denuncian que a empresa pública TRAGSA está levando a cabo despedimentos aínda que a empresa se atopa en beneficios
O Goberno dá luz verde á nova Lei de Costas que indulta milleiros de vivendas. A norma autoriza a reducir nas rías a protección de 100 a 20 metros, a distancia que se aplica nos ríos, polo que moitos núcleos rurais das rias galegas quedan fóra da protección esixida e legalizan a súa situación.
O poder xudicial defende o xuiz Pedraz fronte aos "insultos persoais" de Rafael Hernando e do PP
Pachi Vázquez dálle "24 horas" a Feijoo para facer públicos os contratos con Pémex. Máis información nuns minutos en Praza.
En canto ás eleccións vascas, o CIS prevé unha vitoria do PNV (27 escanos, perde 3) e un gran resultado para EH-Bildu (21-22). PSE e PP sufrirían un forte descenso e ficarían en 14 e 9-10 respectivamente. IU-Ezker Anitza obtería 3 escanos.
O CIS estima que o PP repetirá maioría absoluta en Galicia con 38 deputados. O PSdeG baixaría un ou dous (23-24) e o BNG podería subir un (12-13). AGE obtería un escano pola Coruña.
Reuters dá detalles do plan do BCE. O banco central mercará grandes volumes de bonos durante un ou dous meses cando un país do euro, como España, pida axuda aos fondos de rescate e, despois, parará o progama para avaliar o seu impacto.
Arranca a caravana de Pachi Vázquez. Asegura que baseará a campaña na "verdade", porque "alguén que mente como Feijóo non pode ser presidente"