CCOO e UGT denuncian que a empresa pública TRAGSA está levando a cabo despedimentos aínda que a empresa se atopa en beneficios
Fálase
O Goberno dá luz verde á nova Lei de Costas que indulta milleiros de vivendas. A norma autoriza a reducir nas rías a protección de 100 a 20 metros, a distancia que se aplica nos ríos, polo que moitos núcleos rurais das rias galegas quedan fóra da protección esixida e legalizan a súa situación.
O poder xudicial defende o xuiz Pedraz fronte aos "insultos persoais" de Rafael Hernando e do PP
Pachi Vázquez dálle "24 horas" a Feijoo para facer públicos os contratos con Pémex. Máis información nuns minutos en Praza.
En canto ás eleccións vascas, o CIS prevé unha vitoria do PNV (27 escanos, perde 3) e un gran resultado para EH-Bildu (21-22). PSE e PP sufrirían un forte descenso e ficarían en 14 e 9-10 respectivamente. IU-Ezker Anitza obtería 3 escanos.
O CIS estima que o PP repetirá maioría absoluta en Galicia con 38 deputados. O PSdeG baixaría un ou dous (23-24) e o BNG podería subir un (12-13). AGE obtería un escano pola Coruña.
Reuters dá detalles do plan do BCE. O banco central mercará grandes volumes de bonos durante un ou dous meses cando un país do euro, como España, pida axuda aos fondos de rescate e, despois, parará o progama para avaliar o seu impacto.
Arranca a caravana de Pachi Vázquez. Asegura que baseará a campaña na "verdade", porque "alguén que mente como Feijóo non pode ser presidente"
Gara publica esta mañá unha enquisa de intención de voto para as eleccións vascas. PNV obtería 26 escanos, por 22 de EH-Bildu, 14 do PSE, 11 do PP e 2 de IU-Ezker Anitza. Isto permitiría unha ampla maioría nacionalista (48) pero tamén unha posibilidade dunha maioría de esquerdas, pola suma de EH-Bildu, PSE e IU (38).
Detido o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, nos incidentes acontecidos durante o inicio de campaña do PP de Ferrol. O sindicalista sufriu unha brecha na cabeza durante os altercados.