Gara publica esta mañá unha enquisa de intención de voto para as eleccións vascas. PNV obtería 26 escanos, por 22 de EH-Bildu, 14 do PSE, 11 do PP e 2 de IU-Ezker Anitza. Isto permitiría unha ampla maioría nacionalista (48) pero tamén unha posibilidade dunha maioría de esquerdas, pola suma de EH-Bildu, PSE e IU (38).
Fálase
Detido o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, nos incidentes acontecidos durante o inicio de campaña do PP de Ferrol. O sindicalista sufriu unha brecha na cabeza durante os altercados.
Ás 12.30 o CIS fará publica a súa enquisa preelectoral e de intención de voto das eleccións galegas e vascas.
De Guindos afirma en Londres que España "non necesita un rescate" provocando as risas do público asistente á conferencia na London Schools of Economics. O ministro foi recibido por unha pancarta na que se podia ler: Spain for sale.
As negocacións para pechar unha coalición electoral entre ERC, SI e Reagrupament finalizan sen acordo por mor do debate sobre as listas electorais.
O ex alcalde de Ourense intenta evitar a súa expulsión do PSOE e seguir controlando o grupo municipal. Antes do xoves da semana que vén Agustín Fernández será elixido novo alcalde cos votos de PSdeG e BNG.
Traballadores do Naval e de Poligal rebentan o inicio da campaña do PP en Ferrol. Unha manifestación sorpresa dos operarios interrompe no hotel Almirante da cidade. Imaxe de @Lauracunhaglez
Compromiso por Galicia tamén elixe Compostela para a pegada de carteis. O seu candidato á Xunta, Xoán Bascuas, asegura que a súa formación "vai entrar no Parlamento para darlle voz á cidadanía".
Alternativa Galega de Esquerdas comeza a pedir o voto en Compostela. Beiras acusa ao PP e a Feijóo de ser "ventrílocuos dos grandes poderes da banca, onde están instalados os auténticos ladróns".
Pachi Vázquez inicia a campaña en Vigo prometendo un goberno "que lle cambie a vida é xente" e "outro xeito de gobernar".