Pachi Vázquez inicia a campaña en Vigo prometendo un goberno "que lle cambie a vida é xente" e "outro xeito de gobernar".
Fálase
Jorquera arranca a campaña censurando a Feijóo e lembrando que para o BNG "Galicia sempre é o primeiro e non só cando hai eleccións e medo a perder votos".
Arranca a campaña electoral en Galicia. Feijóo presume en Santiago de xestión e aseguro que o PP é "o voto da estabilidade, a unidade e o crecemento". "Galicia vai por diante", insiste.
A CIG maniféstase nestes momentos nas sete cidades galegas e mais en Vilagarcia e Foz baixo o lema Paremos o PP! Non ao saqueo do pobo. Existen alternativas. Rescatemos os nosos dereitos.
UGT e CC.OO. apuntan ao 14 de novembro como data para unha nova folga xeral. Ese dia hai un paro convocado en Portugal e Toni Ferrer (UGT) vén de sinalar que "non é unha data prematura". A decisión debe ser adoptada polo Cumio Social, integrado por 150 organizacións.
Draghi di que o BCE está listo para intervir e insta a España a decidir se quere o rescate
AGAL celebrará asemblea xeral extraordinaria o vindeiro sábado 13 en Compostela. Presentarase a candidatura chamada Pola ponte, encabezada por Miguel Rodríguez Penas como presidente e con Valentim Fagime Manuel López e Ângelo Lodeiro.
As manifestacións convocadas pola CIG para esta tarde contra os recortes dos Orzamentos Xerais do Estado poderán celebrarse con normalidade, ao non estimar a Xunta Electoral as peticións do PP para vetalas.
Centos de gandeiros concéntranse ante a Xunta contra os prezos do leite e din non estar dispostos "a asinar a súa ruína" cos contratos homologados que veñen de entrar en vigor e que "non garanten un prezo mínimo". Imaxe de @Xabier_Villares
O xuiz Pedraz arquiva a causa contra os organizadores do 25-S despois de menos de tres minutos de interrogatorio a cada un dos acusados. A rede pide a dimisión da delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, que instigou a causa. #CifuentesDimisión é trending topic nestes momentos.