As manifestacións convocadas pola CIG para esta tarde contra os recortes dos Orzamentos Xerais do Estado poderán celebrarse con normalidade, ao non estimar a Xunta Electoral as peticións do PP para vetalas.
Fálase
Centos de gandeiros concéntranse ante a Xunta contra os prezos do leite e din non estar dispostos "a asinar a súa ruína" cos contratos homologados que veñen de entrar en vigor e que "non garanten un prezo mínimo". Imaxe de @Xabier_Villares
O xuiz Pedraz arquiva a causa contra os organizadores do 25-S despois de menos de tres minutos de interrogatorio a cada un dos acusados. A rede pide a dimisión da delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, que instigou a causa. #CifuentesDimisión é trending topic nestes momentos.
#consellodaxunta Feijóo asegura que "non vou utilizar fondos públicos para facer campañas electorais", en resposta á súa presenza no avión privado dun recoñecido millonario en Sudamérica. "Todos os fondos teñen que ser do partido ou de militantes do partido, iso foi o que fixen". "Non me parece axeitado que outros utilicen avións do exército", engade.
#consellodaxunta Feijóo repasa a súa xestión en materia de "introdución progresiva do inglés no ensino". "Imos seguir dando pasos por unha Galicia libre, por unha Galicia bilingüe", proclama.
O PP encargoulles a Los Limones a súa canción de campaña. Estrearana este sábado no mitin que o partido realizará na Praza de Touros de Pontevedra, no que participará Mariano Rajoy. O grupo xa compuxo o tema da campaña de 2009: Chegou o momento
#consellodaxunta No derradeiro Consello antes do inicio da campaña Feijóo comeza destacando que a Xunta "paga mellor que o resto das comunidades autónomas" e iso "permite facer apostas no benestar" da cidadanía
#consellodaxunta Feijóo anuncia, tras o Consello da Xunta, a licitación do centro de saúde de Galeras, en Compostela. Este centro foi longamente reclamado por PSdeG e BNG na capital e a súa aprobación non precisa pasar pola reunión do Goberno galego.
Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega en Mauritania ocupan a sede do Ministerio de Agricultura e Pesca en Pontevedra, segundo informa a CIG.
O PP retruca en Twitter tras coñecerse que viaxou de Bos Aires a Montevideo no avión privado dun millonario