#consellodaxunta Feijóo repasa a súa xestión en materia de "introdución progresiva do inglés no ensino". "Imos seguir dando pasos por unha Galicia libre, por unha Galicia bilingüe", proclama.
Fálase
O PP encargoulles a Los Limones a súa canción de campaña. Estrearana este sábado no mitin que o partido realizará na Praza de Touros de Pontevedra, no que participará Mariano Rajoy. O grupo xa compuxo o tema da campaña de 2009: Chegou o momento
#consellodaxunta No derradeiro Consello antes do inicio da campaña Feijóo comeza destacando que a Xunta "paga mellor que o resto das comunidades autónomas" e iso "permite facer apostas no benestar" da cidadanía
#consellodaxunta Feijóo anuncia, tras o Consello da Xunta, a licitación do centro de saúde de Galeras, en Compostela. Este centro foi longamente reclamado por PSdeG e BNG na capital e a súa aprobación non precisa pasar pola reunión do Goberno galego.
Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega en Mauritania ocupan a sede do Ministerio de Agricultura e Pesca en Pontevedra, segundo informa a CIG.
O PP retruca en Twitter tras coñecerse que viaxou de Bos Aires a Montevideo no avión privado dun millonario
A partir das dez da mañá declaran na Audiencia Nacional os oito imputados por organizar a manifestación do 25S. Os xornalistas que intentaban cubrir a información foron identificados pola policía
Turquía pide autorización ao Parlamento para lanzar ataques fóra das súas fronteiras. Responde así ás agresións sufridas no seu territorio por parte de Siria, que foron reprendidas pola OTAN.
La Región denuncia que o Sergas oculta máis de 1.700 pacientes na súa lista de espera de cirurxía en Ourense
Feijóo viaxou de Bos Aires a Montevideo no avión privado do millonario López Carballedo. A viaxe no Paxariño Novo tivo lugar o pasado 15 de setembro durante o actos que o candidato do PP realizou no Rio da Prata.