Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega en Mauritania ocupan a sede do Ministerio de Agricultura e Pesca en Pontevedra, segundo informa a CIG.
Fálase
O PP retruca en Twitter tras coñecerse que viaxou de Bos Aires a Montevideo no avión privado dun millonario
A partir das dez da mañá declaran na Audiencia Nacional os oito imputados por organizar a manifestación do 25S. Os xornalistas que intentaban cubrir a información foron identificados pola policía
Turquía pide autorización ao Parlamento para lanzar ataques fóra das súas fronteiras. Responde así ás agresións sufridas no seu territorio por parte de Siria, que foron reprendidas pola OTAN.
La Región denuncia que o Sergas oculta máis de 1.700 pacientes na súa lista de espera de cirurxía en Ourense
Feijóo viaxou de Bos Aires a Montevideo no avión privado do millonario López Carballedo. A viaxe no Paxariño Novo tivo lugar o pasado 15 de setembro durante o actos que o candidato do PP realizou no Rio da Prata.
Mitt Romney imponse con claridade a Obama no primeiro debate televisado das eleccións norteamericanas. Romney foi agresivo e directo, fronte a un Obama gris e disperso. Romney declarou: “Non quero seguir o camiño de España", en referencia ao gasto na administración. As primeiras sondaxes, coma a da CNN, amosan unha clara vitoria do republicano: un 67% dos entrevistados dixo que gañara Romney, fronte ao 25% que se decantou por Obama.
A UE queda sen fondos para as bolsas Erasmus, entre outros moitos programa de axudas comunitarias, debido aos recortes no orzamento.
Milleiros de vigueses maniféstanse pola sanidade pública e contra os recortes e o novo proxecto de hospital para a cidade. A marcha, apoiada por todos os partidos agás o PP finalizou coa lectura dun manifesto que afirmaba: "Cando vaiamos votar fagámolo defendendo a sanidade pública, é responsabilidade de todos".
Unha gran manifestación pola sanidade pública e por un novo hospital percorre as rúas de Vigo. Entre os manifestantes está Gaspar Llamazares,que este mércores se desprazou á cidade olivica.