As negocacións para pechar unha coalición electoral entre ERC, SI e Reagrupament finalizan sen acordo por mor do debate sobre as listas electorais.
Fálase
O ex alcalde de Ourense intenta evitar a súa expulsión do PSOE e seguir controlando o grupo municipal. Antes do xoves da semana que vén Agustín Fernández será elixido novo alcalde cos votos de PSdeG e BNG.
Traballadores do Naval e de Poligal rebentan o inicio da campaña do PP en Ferrol. Unha manifestación sorpresa dos operarios interrompe no hotel Almirante da cidade. Imaxe de @Lauracunhaglez
Compromiso por Galicia tamén elixe Compostela para a pegada de carteis. O seu candidato á Xunta, Xoán Bascuas, asegura que a súa formación "vai entrar no Parlamento para darlle voz á cidadanía".
Alternativa Galega de Esquerdas comeza a pedir o voto en Compostela. Beiras acusa ao PP e a Feijóo de ser "ventrílocuos dos grandes poderes da banca, onde están instalados os auténticos ladróns".
Pachi Vázquez inicia a campaña en Vigo prometendo un goberno "que lle cambie a vida é xente" e "outro xeito de gobernar".
Jorquera arranca a campaña censurando a Feijóo e lembrando que para o BNG "Galicia sempre é o primeiro e non só cando hai eleccións e medo a perder votos".
Arranca a campaña electoral en Galicia. Feijóo presume en Santiago de xestión e aseguro que o PP é "o voto da estabilidade, a unidade e o crecemento". "Galicia vai por diante", insiste.
A CIG maniféstase nestes momentos nas sete cidades galegas e mais en Vilagarcia e Foz baixo o lema Paremos o PP! Non ao saqueo do pobo. Existen alternativas. Rescatemos os nosos dereitos.
UGT e CC.OO. apuntan ao 14 de novembro como data para unha nova folga xeral. Ese dia hai un paro convocado en Portugal e Toni Ferrer (UGT) vén de sinalar que "non é unha data prematura". A decisión debe ser adoptada polo Cumio Social, integrado por 150 organizacións.