Portugal viviu este sábado unha nova xornada de protestas contra os recortes e a troika. Resúmeas o xornal Público.
Fálase
Centos de persoas esixiron esta mañá en Compostela a devolución dos cartos "estafados" nas preferentes. A protesta, convocada por ADICAE e as plataformas de afectados, chegou á residencia oficial de Monte Pío.
Anxo Louzao vén de ser reelixido secretario nacional da CIG Ensino no Congreso do sindicato.
O Celta protagoniza unha goleada histórica ante o Málaga, ao que vén de derrotar por 0-5.
Xosé Luís Méndez Ferrín recibiu este sábado o premio Otero Pedrayo, que conceden as deputacións galegas. O escritor e ex presidente da RAG apostou pola creación de premios nacionais para a cultura galega.
O deputado Juan Carlos González Santín, novo secretario xeral do PSdeG en Lugo co apoio do 94% dos votos no Congreso Provincial Extraordinario.
Feijóo insiste na "importancia de formar parte dunha gran nación" e na unidade de España durante a entrega da Orde do Mérito Civil ás persoas e organizacións que colaboraron no rescate tras o accidente ferroviario de Angrois.
Galicia fíxose onte cargo simbolicamente no Parlamento de Gales da edición 2014 do Womex, a meirande feira de músicas do mundo a nivel internacional que se celebrará o vindeiro ano en Compostela.
A esta hora celébrase en Riotorto a asemblea contra o copagamento farmacéutico, á que están convocadas organizacións profesionais, políticas e sociais. (foto: Xosé Salgado)
O PSdeG celebra hoxe o seu congreso extraordinario de Lugo, no que o secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, deixará a secretaría provincial.