O Celta protagoniza unha goleada histórica ante o Málaga, ao que vén de derrotar por 0-5.
Fálase
Xosé Luís Méndez Ferrín recibiu este sábado o premio Otero Pedrayo, que conceden as deputacións galegas. O escritor e ex presidente da RAG apostou pola creación de premios nacionais para a cultura galega.
O deputado Juan Carlos González Santín, novo secretario xeral do PSdeG en Lugo co apoio do 94% dos votos no Congreso Provincial Extraordinario.
Feijóo insiste na "importancia de formar parte dunha gran nación" e na unidade de España durante a entrega da Orde do Mérito Civil ás persoas e organizacións que colaboraron no rescate tras o accidente ferroviario de Angrois.
Galicia fíxose onte cargo simbolicamente no Parlamento de Gales da edición 2014 do Womex, a meirande feira de músicas do mundo a nivel internacional que se celebrará o vindeiro ano en Compostela.
A esta hora celébrase en Riotorto a asemblea contra o copagamento farmacéutico, á que están convocadas organizacións profesionais, políticas e sociais. (foto: Xosé Salgado)
O PSdeG celebra hoxe o seu congreso extraordinario de Lugo, no que o secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, deixará a secretaría provincial.
El Diario avanza contidos do libro Qué hacemos con los bancos, unha reflexión colectiva sobre o papel pasado e futuro da banca pública, unha opción que no Parlamento galego defenden AGE e BNG e que, segundo o presidente da Xunta, "non existe" en Europa.
A Mesa pola Normalización Lingüística recibe esta mañá en Láncara o premio Facer país
Máis de 180.000 persoas en desemprego en Galicia xa non cobrar ningunha prestación, segundo conta hoxe La Voz