El Diario avanza contidos do libro Qué hacemos con los bancos, unha reflexión colectiva sobre o papel pasado e futuro da banca pública, unha opción que no Parlamento galego defenden AGE e BNG e que, segundo o presidente da Xunta, "non existe" en Europa.
Fálase
A Mesa pola Normalización Lingüística recibe esta mañá en Láncara o premio Facer país
Máis de 180.000 persoas en desemprego en Galicia xa non cobrar ningunha prestación, segundo conta hoxe La Voz
O PP de Ourense enfróntase á Xunta e apoia unha moción do BNG para esixir máis cirurxians pediátricos para o hospital. En El País.
A Xunta atribúe a un "ataque informático" a caída da súa web ao longo desta tarde. O Goberno galego sinala que algúns dos seus servizos, como o 112, xa están operativos.
A Asociación puntoGAL, o Festival de Cans e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra optan este ano ao premio do público do Culturgal. As votacións xa están abertas na web da feira das industrias culturais.
O avogado David Maeztu analizou este venres, nas xornadas que organiza en Santiago o Colexio de Enxeñeiros Informáticos, a problemática do anteproxecto de lei que lles daría vieiro libre aos troianos policiais
O Beowulf de David Rubín, con guión de Santiago García, será publicado por Astiberri o vindeiro 22 de novembro
Bernardo de Miguel salienta en Cinco Días que "Merkel baleira de contido as eleccións europeas" ao tentar enviar que a presidencia da Comisión Europea sexa elixida polo Parlamento que saia dos comicios do vindeiro ano. "Merkel non quere que a presidencia da Comisión gañe en credibilidade e visibilidade democrática porque reforzaría ese organismo"
A Deputación de Lugo rescinde o contrato coa empresa de seguridade que lle prestaba servizos por recortarlle o salario ao seu persoal un 40% e incumprir así as condicións pactadas.