O avogado David Maeztu analizou este venres, nas xornadas que organiza en Santiago o Colexio de Enxeñeiros Informáticos, a problemática do anteproxecto de lei que lles daría vieiro libre aos troianos policiais
Fálase
- O Beowulf de David Rubín, con guión de Santiago García, será publicado por Astiberri o vindeiro 22 de novembro   
- Bernardo de Miguel salienta en Cinco Días que "Merkel baleira de contido as eleccións europeas" ao tentar enviar que a presidencia da Comisión Europea sexa elixida polo Parlamento que saia dos comicios do vindeiro ano. "Merkel non quere que a presidencia da Comisión gañe en credibilidade e visibilidade democrática porque reforzaría ese organismo" 
- A Deputación de Lugo rescinde o contrato coa empresa de seguridade que lle prestaba servizos por recortarlle o salario ao seu persoal un 40% e incumprir así as condicións pactadas. 
- As Novas Xeracións do PP critican que Galiza Nova, as mocidades do BNG, "tentasen levar a política aos institutos galegos" co gallo da folga contra a LOMCE e así "difundir a súa ideoloxía". Para o líder xuvenil dos conservadores, o deputado Javier Dorado, é "lamentable" que os nacionalistas "intentasen persuadir os estudantes de que fosen á folga". 
- Polaroid, a novela de Suso de Toro, xa ten adaptación cinematográfica en forma de curta. Dirixida por Chema Montero e interpretada por Aser Alonso estréase o venres, 1 de novembro a través de Filmin. Xa se pode ver o trailer. 
- Quinteiro do Umia analiza nunha reportaxe a política de construción masiva de campos de fútbol de herba artificial por parte da Deputación de Pontevedra. 
- Un estudo demostra que os resultados electorais en Betanzos son extrapolables ao conxunto de Galicia. Cóntao El País 
- Os da Ría presentaron onte no Concello de Pontevedra o concerto que ofrecerán este sábado no Teatro Principal da cidade para conmemorar o primeiro aniversario do seu Disco díscolo 
- Pachi Vázquez será vicepresidente segundo do Parlamento, posto que actualmente ocupa a tamén socialista Marisol Soneira. Adiántao El País. 