Un estudo demostra que os resultados electorais en Betanzos son extrapolables ao conxunto de Galicia. Cóntao El País
Fálase
Os da Ría presentaron onte no Concello de Pontevedra o concerto que ofrecerán este sábado no Teatro Principal da cidade para conmemorar o primeiro aniversario do seu Disco díscolo
Pachi Vázquez será vicepresidente segundo do Parlamento, posto que actualmente ocupa a tamén socialista Marisol Soneira. Adiántao El País.
Incremento Grupo Inversor, o primeiro grupo galego de volframio, entra en concurso ao non poder xustificar subvencións millonarias. A compañía recibiu uns 1,9 millóns de euros en tres anos, tanto da Xunta coma do Goberno Central
A Axencia de Seguridade Nacional dos Estados Unidos (NSA) rastreou as comunicacións de membros do Goberno español, segundo publica El País
O céntimo sanitario, posto en cuestión pola xustiza europea, serviu para recadar uns 831 millóns de euros en Galicia, que a Xunta podería ter que devolver agora.
Os recortes destruíron 400.000 empregos públicos en España nos últimos dous anos, un 12% do total. Nos primeiros anos da crise case non houbo perda de emprego na administración, pero esa destrución acelerouse en 2012 e 2013.
A PAH ocupou durante horas o posto de información do Sareb na feira inmobiliaria Barcelona Meeting Point
Novas manifestacións contra a Lomce percorren seis cidades galegas esta tarde. Convocados pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, moreas de cidadáns volven amosar o seu rexeitamento á lei Wert. Na imaxe de @iagoiglesias41, a protesta da Coruña.
Manifestacións masivas en todo o Estado contra a Lomce. Decenas de miles de persoas percorren as rúas das cidades contra a reforma educativa do ministro Wert.