Pachi Vázquez será vicepresidente segundo do Parlamento, posto que actualmente ocupa a tamén socialista Marisol Soneira. Adiántao El País.
Fálase
Incremento Grupo Inversor, o primeiro grupo galego de volframio, entra en concurso ao non poder xustificar subvencións millonarias. A compañía recibiu uns 1,9 millóns de euros en tres anos, tanto da Xunta coma do Goberno Central
A Axencia de Seguridade Nacional dos Estados Unidos (NSA) rastreou as comunicacións de membros do Goberno español, segundo publica El País
O céntimo sanitario, posto en cuestión pola xustiza europea, serviu para recadar uns 831 millóns de euros en Galicia, que a Xunta podería ter que devolver agora.
Os recortes destruíron 400.000 empregos públicos en España nos últimos dous anos, un 12% do total. Nos primeiros anos da crise case non houbo perda de emprego na administración, pero esa destrución acelerouse en 2012 e 2013.
A PAH ocupou durante horas o posto de información do Sareb na feira inmobiliaria Barcelona Meeting Point
Novas manifestacións contra a Lomce percorren seis cidades galegas esta tarde. Convocados pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, moreas de cidadáns volven amosar o seu rexeitamento á lei Wert. Na imaxe de @iagoiglesias41, a protesta da Coruña.
Manifestacións masivas en todo o Estado contra a Lomce. Decenas de miles de persoas percorren as rúas das cidades contra a reforma educativa do ministro Wert.
Peter Higgs, que este venres recollerá o Premio Príncipe de Asturias xunto aos físicos Rolf Heuer e François Englert, alerta de que os recortes en investigación en España poden levar a "perder a vangarda científica" conquistada polo país nos últimos 30 anos
A nova Fonera (o router co que Fon anima a compartir o wifi con outros usuarios) permitirá partillar directamente a conexión á Internet con todos os amigos de Facebook