O Beowulf de David Rubín, con guión de Santiago García, será publicado por Astiberri o vindeiro 22 de novembro
Fálase
Bernardo de Miguel salienta en Cinco Días que "Merkel baleira de contido as eleccións europeas" ao tentar enviar que a presidencia da Comisión Europea sexa elixida polo Parlamento que saia dos comicios do vindeiro ano. "Merkel non quere que a presidencia da Comisión gañe en credibilidade e visibilidade democrática porque reforzaría ese organismo"
A Deputación de Lugo rescinde o contrato coa empresa de seguridade que lle prestaba servizos por recortarlle o salario ao seu persoal un 40% e incumprir así as condicións pactadas.
As Novas Xeracións do PP critican que Galiza Nova, as mocidades do BNG, "tentasen levar a política aos institutos galegos" co gallo da folga contra a LOMCE e así "difundir a súa ideoloxía". Para o líder xuvenil dos conservadores, o deputado Javier Dorado, é "lamentable" que os nacionalistas "intentasen persuadir os estudantes de que fosen á folga".
Polaroid, a novela de Suso de Toro, xa ten adaptación cinematográfica en forma de curta. Dirixida por Chema Montero e interpretada por Aser Alonso estréase o venres, 1 de novembro a través de Filmin. Xa se pode ver o trailer.
Quinteiro do Umia analiza nunha reportaxe a política de construción masiva de campos de fútbol de herba artificial por parte da Deputación de Pontevedra.
Un estudo demostra que os resultados electorais en Betanzos son extrapolables ao conxunto de Galicia. Cóntao El País
Os da Ría presentaron onte no Concello de Pontevedra o concerto que ofrecerán este sábado no Teatro Principal da cidade para conmemorar o primeiro aniversario do seu Disco díscolo
Pachi Vázquez será vicepresidente segundo do Parlamento, posto que actualmente ocupa a tamén socialista Marisol Soneira. Adiántao El País.
Incremento Grupo Inversor, o primeiro grupo galego de volframio, entra en concurso ao non poder xustificar subvencións millonarias. A compañía recibiu uns 1,9 millóns de euros en tres anos, tanto da Xunta coma do Goberno Central