O Twitter da ministra de Emprego reflectiu esta mañá que Fátima Báñez se atopaba xogando a un popular videoxogo. Pouco despois, o tweet desapareceu da súa liña de tempo, entre chanzas dos usuarios desta rede social.
Fálase
O Club Deportivo Lugo empata ante o Atlético Baleares e, grazas ao 3-1 do partido de ida, clasifícase para a última rolda da fase de ascenso a Segunda División. O Cerceda perdeu 2-0 ante o Fuenlabrada e o Alondras empatou sen goles ante o Racing de Santander B. Ambos quedan apeados do ascenso a Segunda B.
Esta mañá tamén se celebrou unha manifestación en Ferrol, na defensa do sector naval. Esta tarde, en Praza. (foto @isidorovalerio)
Vén de finalizar a comparecencia de Rajoy sobre o rescate. Toda a información e novas análises de expertos, esta mañá en Praza.
#rescate Rajoy négase a falar de rescate e reduce a operación a unha "liña de crédito". Asegura que "o goberno sabe perfectamente onde vai e agradece que os españois así o entendan". Asegura que "isto é moi bo para o euro, para Europa e para España".
A esquerda abertzale confirma as súas siglas para as eleccións vascas: Euskal Herria Bildu
Está a piques de comezar na Alameda de Santiago a manifestación contra as fumigacións. A información da mobilización, hoxe en Praza Pública.
A revista Time céntrase na negación pública do rescate por parte do Goberno de España: Ti dis tomate, eu digo rescate: como España accedeu a ser rescatada
Mariano Rajoy comparece ás 12 desta mañá para explicar o rescate. Na súa axenda oficial mantense, cando menos polo momento, a asistencia ao partido que xoga a selección española contra Italia en Polonia.
La Información repasa as ocasións en que, nos últimos meses, as malas noticias económicas se fixeron cadrar con eventos deportivos. Casualidade ou predeterminación? Cando o deporte tapa a crise