La Información repasa as ocasións en que, nos últimos meses, as malas noticias económicas se fixeron cadrar con eventos deportivos. Casualidade ou predeterminación? Cando o deporte tapa a crise
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fd456cf6cdcd-bdad83abbb26198d29dd48acbec9eb30-1339312045.jpg)
La Información repasa as ocasións en que, nos últimos meses, as malas noticias económicas se fixeron cadrar con eventos deportivos. Casualidade ou predeterminación? Cando o deporte tapa a crise
O diario El País amosa novas probas do escándalo das preferentes das antigas caixas. Algúns clientes aseguran que nos contratos destes produtos figuran "sinaturas falsas".
Numerosos diarios internacionais falan tamén do rescate español nas súas primeiras páxinas. É o caso, por exemplo, do Washington Post ou do New York Times, nos Estados Unidos. O mesmo acontece en Europa con xornais como Le Monde ou o Diário de Notícias.
A maioría dos diarios impresos falan abertamente nas súas primeiras páxinas de "rescate" ao Reino de España, tanto os editados en Madrid como en Galicia ou noutras autonomías, como Catalunya ou Euskadi. Só os diarios máis afíns ao Goberno de Rajoy, como La Razón, aseguran que o Estado evitou ser rescatado.
De Guindos recoñece a petición de axuda financeira para sanear a banca, pero insiste en que "isto non ten nada que ver cun rescate, en absoluto"
Última hora. O Goberno español acepta solicitar o "rescate" da UE por un importe máximo de 100.000 millóns de euros. O ministro español de Economía, Luis de Guindos, comparecerá ás 19:30 en rolda de prensa para dar conta dos acordos adoptados na reunión que esta tarde mantivo o Ecofin por videoconferencia, e que concluiu hai escasos minutos.
Máis información, nuns minutos en Praza.
Vén de comezar a videoconferencia entre os ministros de Economía e Finanzas do Ecofin. Sobre a mesa, o posible rescate español.
O concelleiro vigués Sántos Héctor vén de ser elixido novo secretario xeral do PSdeG en Pontevedra. Máis información, esta tarde en Praza.
A Xunta vén de anular a presenza de Feijóo na Xuntanza dos Maiores do Carballiño, prevista para este mediodía