De Guindos recoñece a petición de axuda financeira para sanear a banca, pero insiste en que "isto non ten nada que ver cun rescate, en absoluto"
Fálase
Última hora. O Goberno español acepta solicitar o "rescate" da UE por un importe máximo de 100.000 millóns de euros. O ministro español de Economía, Luis de Guindos, comparecerá ás 19:30 en rolda de prensa para dar conta dos acordos adoptados na reunión que esta tarde mantivo o Ecofin por videoconferencia, e que concluiu hai escasos minutos.
Máis información, nuns minutos en Praza.
Vén de comezar a videoconferencia entre os ministros de Economía e Finanzas do Ecofin. Sobre a mesa, o posible rescate español.
O concelleiro vigués Sántos Héctor vén de ser elixido novo secretario xeral do PSdeG en Pontevedra. Máis información, esta tarde en Praza.
A Xunta vén de anular a presenza de Feijóo na Xuntanza dos Maiores do Carballiño, prevista para este mediodía
O posible rescate, na prensa internacional: The Guardian dáo por feito e fala dunha situación "dramática" para España, Le Monde di que "Madrid analiza" a solicitude de axuda á banca, o Wall Street Journal fai fincapé en que "aumenta a presión sobre España" para que pida a intervención.
Unha vez rematada a recollida de avais finalmente serán o concelleiro vigués Santos Héctor e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, os que se opten á secretaría xeral do PSdeG de Pontevedra, que este sábado celebra o seu congreso.
#pechehistoria O alumnado que permanece dende hai días pechado na Facultade de Historia da Universidade de Santiago para protestar contra os recortes educativos proclamará esta tarde "a independencia do centro" a respecto da USC. "Cansas do trato que estamos recibindo" recuperarana "para o estudantado", din.
O Concello de Santiago destinará case 600.000 euros de fondos europeos (508 474,58 máis IVE) a mercar tres autobuses urbanos. O goberno compostelán dá conta da operación no Diario Oficial da Unión Europea este sábado.