Vén de comezar a videoconferencia entre os ministros de Economía e Finanzas do Ecofin. Sobre a mesa, o posible rescate español.
Fálase
O concelleiro vigués Sántos Héctor vén de ser elixido novo secretario xeral do PSdeG en Pontevedra. Máis información, esta tarde en Praza.
A Xunta vén de anular a presenza de Feijóo na Xuntanza dos Maiores do Carballiño, prevista para este mediodía
O posible rescate, na prensa internacional: The Guardian dáo por feito e fala dunha situación "dramática" para España, Le Monde di que "Madrid analiza" a solicitude de axuda á banca, o Wall Street Journal fai fincapé en que "aumenta a presión sobre España" para que pida a intervención.
Unha vez rematada a recollida de avais finalmente serán o concelleiro vigués Santos Héctor e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, os que se opten á secretaría xeral do PSdeG de Pontevedra, que este sábado celebra o seu congreso.
#pechehistoria O alumnado que permanece dende hai días pechado na Facultade de Historia da Universidade de Santiago para protestar contra os recortes educativos proclamará esta tarde "a independencia do centro" a respecto da USC. "Cansas do trato que estamos recibindo" recuperarana "para o estudantado", din.
O Concello de Santiago destinará case 600.000 euros de fondos europeos (508 474,58 máis IVE) a mercar tres autobuses urbanos. O goberno compostelán dá conta da operación no Diario Oficial da Unión Europea este sábado.
Máis de 6.000 vivendas e naves industriais optan a regularizarse en Galicia. Construíronse sen licenza antes da entrada en vigor da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural.
O Eurogrupo está citado esta tarde para abordar o rescate de España. Isto acontece despois de que esta madrugada o FMI revelase que a banca do Estado precisa 40.000 millóns de euros. Cóntao El País. Máis información, hoxe en Praza.
O xornalista Alberto Freire faise cargo do programa da Radio Galega Pensando en ti tras a destitución de Luís Rial. Na web da RG