O PP anuncia o despedimento de case 1.200 persoas na radiotelevisión pública valenciana nun ERE que será presentado hoxe. Ao remate da xuntanza que aprobou a medida, un grupo de manifestantes lanzoulles ovos aos conselleiros populares.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5034736c4e84e-2012_8_22_photo-80af2827731ad15ecce3e33755792e75-1345612360-46.jpg)
O PP anuncia o despedimento de case 1.200 persoas na radiotelevisión pública valenciana nun ERE que será presentado hoxe. Ao remate da xuntanza que aprobou a medida, un grupo de manifestantes lanzoulles ovos aos conselleiros populares.
O PP afirma que non hai presa para a investigación das caixas. A pesar de que Núñez Feijoo se comprometera a impulsala de inmediato, mesmo no mes de agosto, Antonio Rodríguez Miranda recomendoulle este martes ao PSdeG-PSOE "que agarde".
O suplemento de ensino superior de The Times denunciaba hai uns días a corrupción nas universidades españolas e salientaba como exemplos os casos rexistrados na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, como xa publicou Praza hai uns meses
O PP expulsa o seu deputado no parlamento de Baleares e alcalde de Manacor, Antoni Pastor, por rachar a disciplina de voto do partido. Pastor votou en contra da proposta popular de modificar a Lei de Función Pública para limitar o uso do catalán nas illas.
Ao redor de 200 xornaleiros do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) ocupan o Palacio de Moratalla (Córdoba) no marco da marcha que están realizando até a capital da provincia. Anuncian que pasarán alí a noite.
O BNG reuniuse con representantes da Plataforma de afectadas e afectados polas preferentes da comarca da Coruña e avogou de novo por "unha solución política, global e colectiva" para os milleiros de persoas vítimas desta fraude que pase pola restitución de todos os cartos investidos por estas persoas. O BNG denuncia que se destinen "miles de millóns de euros de recursos públicos para sanear a banca privada e non se aproveite para exixir a devolución íntegra dos cartos desta estafa".
O Goberno anuncia que elevará de 400 a 450 euros a axuda aos desempregados que esgotaran a prestación se teñen cando menos dous membros da súa familia ao seu cargo.
Hackean a web do PP de Burela en nome de Anonymous
Pedro Puy, voceiro do Grupo Parlamentario do PP, di en rolda de prensa que o adianto electoral en Euskadi "non condiciona" a Feijoo. O PP convocara de urxencia esta rolda despois de coñecerse a data dos comicios vascos. Mentres, o PSdeG pídelle ao presidente da Xunta que decida xa a data das eleccións autonómicas e "remate coa incerteza". O BNG reclámalle que dea marcha atrás ao "pucheirazo" da decisión unilateral de reducir o número de deputados a 61.
As eleccións en Euskadi serán o 21 de outubro. Patxi López anunciou o adianto da convocatoria, salientando que os comicios se celebrarán un día despois do aniversario do anuncio do "cese definitivo" da violencia por parte de ETA, e logo de que en maio o PP lle retirase o seu apoio. As sondaxes, coma o Euskobarómetro, amosan unha lixeira vantaxe do PNV (23-24 escanos) sobre EH-Bildu (22) e unha forte caída do PSE (17) con respecto a 2009.