Ao redor de 200 xornaleiros do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) ocupan o Palacio de Moratalla (Córdoba) no marco da marcha que están realizando até a capital da provincia. Anuncian que pasarán alí a noite.
Fálase
O BNG reuniuse con representantes da Plataforma de afectadas e afectados polas preferentes da comarca da Coruña e avogou de novo por "unha solución política, global e colectiva" para os milleiros de persoas vítimas desta fraude que pase pola restitución de todos os cartos investidos por estas persoas. O BNG denuncia que se destinen "miles de millóns de euros de recursos públicos para sanear a banca privada e non se aproveite para exixir a devolución íntegra dos cartos desta estafa".
O Goberno anuncia que elevará de 400 a 450 euros a axuda aos desempregados que esgotaran a prestación se teñen cando menos dous membros da súa familia ao seu cargo.
Hackean a web do PP de Burela en nome de Anonymous
Pedro Puy, voceiro do Grupo Parlamentario do PP, di en rolda de prensa que o adianto electoral en Euskadi "non condiciona" a Feijoo. O PP convocara de urxencia esta rolda despois de coñecerse a data dos comicios vascos. Mentres, o PSdeG pídelle ao presidente da Xunta que decida xa a data das eleccións autonómicas e "remate coa incerteza". O BNG reclámalle que dea marcha atrás ao "pucheirazo" da decisión unilateral de reducir o número de deputados a 61.
As eleccións en Euskadi serán o 21 de outubro. Patxi López anunciou o adianto da convocatoria, salientando que os comicios se celebrarán un día despois do aniversario do anuncio do "cese definitivo" da violencia por parte de ETA, e logo de que en maio o PP lle retirase o seu apoio. As sondaxes, coma o Euskobarómetro, amosan unha lixeira vantaxe do PNV (23-24 escanos) sobre EH-Bildu (22) e unha forte caída do PSE (17) con respecto a 2009.
Case 20 mil persoas morreron no Mediterráneo dende 1988 tentanto chegar a Europa. Os cálculos son de Fortress Europe, que dá a cifra exacta de 18.350, 2.353 o pasado ano
Oliver Stone, Michael Moore, Noam Chomsky, Danny Glover ou Daniel Ellsberg asinan unha carta de apoio a Assange dende os EE.UU. que denuncia o perigo que corre se é extraditado ao país norteamericano
O Dépor derrota o Osasuna (2-0) no seu regreso a Primeira División grazas aos goles de Riki (52') e o portugués Nélson Oliveira (92'), unha das xoias do fútbol luso
A Comisión europea investigará os cambios introducidos polo Goberno nos requisitos esixidos para acceder á axuda de 400 euros para desempregados sen prestacións. Por exemplo, analiza que a interrupción da inscripción como demandante de emprego por saír ao extranxeiro "pode ser desproporcionada"