O Santiago Futsal perde (1-4) ante o Inter na semifinal da Supercopa de España de fútbol sala que se está a celebrar na Coruña.
Fálase
Activo un incendio en Manzaneda que xa queimou máis de 20 hectáreas. O lume comezou, preto das tres da tarde, na parroquia de Soutipedre, segundo informa a Xunta.
UPyD elixe a José Canedo Santos como candidato á Xunta, tras o proceso de primarias celebrado este sábado en Santiago. O próximo 15 de setembro presentarán as listas en Pontevedra.
Compromiso por Galicia carga contra Beiras e Esquerda Unida. Acusa o líder de Anova de estar "obsesionado" co número un das listas e a EU de "xulgar" a súa posición política sen escoitala, logo de que non entrase na coalición electoral. Máis información, esta tarde en Praza.
Caamaño encabeza a lista do PSdeG pola Coruña, da que quedan fóra Lage Tuñas ou Méndez Romeu.
Ernest Maragall asegura que "a independencia de Cataluña non lle dá medo a ninguén". "A min tampouco", asegura o ex conseller e deputado do PSC nunha entrevista.
Comeza a manifestación en defensa dos servizos públicos que se está a celebrar en Compostela. Imaxe de @contradiscurso.
Equo Galicia amosa a súa "satisfacción" polo acordo para conformar unha coalición de esquerdas para o 21-O. "Con este entendemento ofrécese á cidadanía un proxecto ilusionante que racha coas vellas formas de entender a política", di nun comunicado.
Pachi Vázquez, Caamaño, Burgo e Losada serán as cabezas de lista do PSdeG nas eleccións autonómicas. O candidato socialista á Xunta tamén fará unha xira por América Latina.
Las Vegas Sands confirma que elixe a Madrid para o seu proxecto de Eurovegas. Explica nun comunicado que achegará entre o 25% e o 35% do capital e que o proceso atópase aínda nos seus inicios.