Equo Galicia amosa a súa "satisfacción" polo acordo para conformar unha coalición de esquerdas para o 21-O. "Con este entendemento ofrécese á cidadanía un proxecto ilusionante que racha coas vellas formas de entender a política", di nun comunicado.
Fálase
Pachi Vázquez, Caamaño, Burgo e Losada serán as cabezas de lista do PSdeG nas eleccións autonómicas. O candidato socialista á Xunta tamén fará unha xira por América Latina.
Las Vegas Sands confirma que elixe a Madrid para o seu proxecto de Eurovegas. Explica nun comunicado que achegará entre o 25% e o 35% do capital e que o proceso atópase aínda nos seus inicios.
Passos Coelho anunciará máis medidas de axuste en Portugal. O primeiro ministro luso comparece a última hora desta tarde.
A prima de risco cerra coa maior baixada semanal da era do euro logo de descender 140 puntos en cinco días. Queda nos 412 puntos.
CGT, CNT e SO chaman á "loita" e ás "mobilizacións" contra a reforma laboral e os recortes até que se chegue a unha folga xeral a nivel do Estado.
O Goberno central poderá chamar a persoas que reciben a prestación por desemprego para traballar de balde en zonas afectadas polos incendios. Así o vén de anunciar a vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, tras o Consello de Ministros. En RTVE.
O conselleiro da Presidencia e coordinador da campaña do PP, Alfonso Rueda, alerta de que se o PP perde a maioría suporá "que os comunistas gobernen", en referencia á coalición participada por Anova e Esquerda Unida e na que agora aposta por integrase Compromiso por Galicia.
"Galicia por riba de todo", lema de precampaña do PP para os comicios autonómicos do 21 de outubro.
Novagalicia Banco demandará varios ex directivos das caixas pola súa xestión á fronte das entidades e polas súas indemnizacións millonarias, segundo avanza Radio Galicia-Cadena Ser.